Actualidade APSC

Rosa María Calaf advirte sobre a crítica situación do xornalismo internacional

24-01-2009

A xornalista Rosa María Calaf visitou Santiago de Compostela para ofrecer una conferencia sobre a crítica situación que atravesa hoxe en día o xornalismo internacional, nun acto organizado pola APSC con motivo do día do Patrón dos xornalistas.

calaf-web-tuneada

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Liberdade de Prensa

Os xornalistas galegos comprométense coa loita da periodista mexicana Lydia Cacho

24-01-2009

lydiacachoA Fundación Lydia Cacho, organización en defensa das persoas perseguidas ou en situación de perigo que co seu traballo loitan contra a corrupción e a favor dos dereitos humanos, comezou o pasado 21 de xaneiro en Santiago, unha xira que pretende dar a coñecer o seu traballo en todo o Estado, nun acto organizado pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela.

A súa presidenta executiva, Alicia Luna, asegurou que Galicia “é un bo punto de partida”, polas vinculacións históricas entre a comunidade galega e México, aínda que admitiu que a colaboración do actor Luis Tosar e da presidenta da Federación de Asociacións de Periodistas de España, Magis Iglesias, natural de Vigo, foron determinantes. [Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Conferencia de Rosa María Calaf no día do patrón dos xornalistas

23-01-2009

calafCon motivo da festividade do patrón dos xornalistas, San Francisco de Sales, a xornalista Rosa María Calaf ofreceu o pasado 24 de xaneiro no Club Internacional de Prensa, unha conferencia sobre “O xornalismo internacional hoxe. Experiencias dunha correspondente”,  nun acto organizado pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela.

Rosa María Calaf, quen foi a correspondente máis veterana da TVE, con 38 anos de traballo ás súas costas dirixindo varias delegacións no exterior (Hong Kong, Buenos Aires, Roma, Moscú, Nova Iorque e Pequín, entre outras), exerceu sempre o xornalismo con compromiso, calidade, implicación, continuidade e transcendencia.

Actualidade APSC

A APSC tamén en pé polo xornalismo

20-01-2009

A Federación Europea de Xornalistas (EFJ), en colaboración coa súa filial belga, a AGJPB, produciron un video no que se recollen imaxes para a campaña “Standing-up for Journalism” (En pé polo xornalismo). No vídeo amósanse as distintas actividades organizadas por asociacións de toda Europa e de Oriente Medio. Máis de cincuenta asociacións de xornalistas, entre elas a nosa, sumáronse a esta acción de sensibilización ante o declive que está a sufrir a profesión xornalística en todo o mundo.

.

Liberdade de Prensa

Solidariedade cos xornalistas de Agence France-Presse

20-01-2009

afpA APSC únese á petición de solidariedade que a Federación Internacional de Periodistas difunde para apoiar ós/ás compañeiros/as da Axencia France Press, que teñen ameazada a súa independencia profesional. O que queira solidarizarse, pode facelo coa súa sinatura no link: www.SOS-AFP.org.

O texto, que se pode consultar en español, resalta o seguinte:

Preámbulo
La independencia de la prensa es uno de los más preciosos bienes de nuestra democracia.

La Agencia France-Presse, que no sólo es la fuente de la gran mayoría de informaciones difundicas en Francia sino también una de las tres únicas grandes agencias de prensa de nivel mundial, ve hoy amenazada su independencia, e incluso su existencia. [Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Rolda de prensa e concerto en defensa de Lydia Cacho

20-01-2009

A Fundación Lydia Cacho, en colaboración coa APSC, organizan:

* Rolda de Prensa en defensa da xornalista mexicana Lydia Cacho ante os Tribunais Internacionais da Haya

-Lugar: Club Internacional de Prensa (Avda. da Coruña, 6 – baixo)

-Data: mércores 21 de xaneiro de 2009

-Hora: ás 19.30 h

-Conferenciantes: Luís Tosar, actor e cantante, Alicia Luna, Presidenta Executiva da Fundación e Luís Menéndez, Presidente da APSC

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

‘Conectividade’, na sección Espello

18-01-2009

conectividade
A sección ‘Espello’, na que se invita a todos os socios que así o desexen a enviar os seus artigos e comentarios, queda aberta co texto de Luis Menéndez ‘Conectividade’, no que, con motivo da celebración do Día do Patrón, se repasan os desafíos e dificultades inmediatos da profesión xornalística.

Os socios da APSC que desexen participar na sección poden enviar os seus textos ó correo apsantiagoc@hotmail.com incluíndo ‘Espello’ no asunto.

Actualidade APSC

A APSC colabora na liberación de José Cendón

13-01-2009

Por fin o noso compañeiro fotógrafo e xornalista compostelán José Cendón, que foi secuestrado o pasado 26 de novembro de 2008 en Somalia xunto co xornalista inglés Collin Freeman, está de volta en casa. Ambos estaban a facer unha reportaxe sobre os piratas somalíes para o diario “Daily Telegraph”. A APSC, quen estivo en contacto coa familia Cendón desde o primeiro día de cautiverio, celebra este feliz reencontro.

A propia Julia Cendón, irmá do fotoxornalista, destacou durante a rolda de prensa o interese amosado polo presidente da APSC, Luis Menéndez e a presidenta da FAPE, Magis Iglesias, “que chamaban dúas ou tres veces por semana” para seguir a evolución do secuestro e se mantiveron en permanente contacto coa familia e cos ámbitos de decisión, especialmente o Ministerio español de Exteriores e a Embaixada de España en Nairobi.

cendon_1
[Pulsa para ler o resto da noticia]

 
 
Xaneiro 2009
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.