A APSC colabora na liberación de José Cendón
Por fin o noso compañeiro fotógrafo e xornalista compostelán José Cendón, que foi secuestrado o pasado 26 de novembro de 2008 en Somalia xunto co xornalista inglés Collin Freeman, está de volta en casa. Ambos estaban a facer unha reportaxe sobre os piratas somalíes para o diario “Daily Telegraph”. A APSC, quen estivo en contacto coa familia Cendón desde o primeiro día de cautiverio, celebra este feliz reencontro.
A propia Julia Cendón, irmá do fotoxornalista, destacou durante a rolda de prensa o interese amosado polo presidente da APSC, Luis Menéndez e a presidenta da FAPE, Magis Iglesias, “que chamaban dúas ou tres veces por semana” para seguir a evolución do secuestro e se mantiveron en permanente contacto coa familia e cos ámbitos de decisión, especialmente o Ministerio español de Exteriores e a Embaixada de España en Nairobi.

Asemade durante este periodo movilizaronse moito, a instancias nosas, Reporteiros Sen Fronteiras e a Federación Internacional de Xornalistas, con sede en Bruxelas, quens facilitaron numerosos contactos profesionais en Kenia, Etiopía e Somalia.
Aquí recollemos unha escolma das instantáneas da rolda de prensa o martes 13 de xaneiro, na que estiveron presentes máis de trinta medios de ámbito galego e estatal. Na mesa xunto con Cendón estiveron a súa irmá Julia, o presidente do Colexio Profesional de Xornalistas, Xose Manuel Pereiro, e o noso compañeiro e Presidente da Asociación de Periodistas de Santiago, Luis Menéndez.

.















