Actualidade APSC
A APSC tamén en pé polo xornalismo
20-01-2009
A Federación Europea de Xornalistas (EFJ), en colaboración coa súa filial belga, a AGJPB, produciron un video no que se recollen imaxes para a campaña “Standing-up for Journalism” (En pé polo xornalismo). No vídeo amósanse as distintas actividades organizadas por asociacións de toda Europa e de Oriente Medio. Máis de cincuenta asociacións de xornalistas, entre elas a nosa, sumáronse a esta acción de sensibilización ante o declive que está a sufrir a profesión xornalística en todo o mundo.
.
A APSC únese á petición de solidariedade que a Federación Internacional de Periodistas difunde para apoiar ós/ás compañeiros/as da Axencia France Press, que teñen ameazada a súa independencia profesional. O que queira solidarizarse, pode facelo coa súa sinatura no link: 














