Conferencia de Rosa María Calaf no día do patrón dos xornalistas
Con motivo da festividade do patrón dos xornalistas, San Francisco de Sales, a xornalista Rosa María Calaf ofreceu o pasado 24 de xaneiro no Club Internacional de Prensa, unha conferencia sobre “O xornalismo internacional hoxe. Experiencias dunha correspondente”, nun acto organizado pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela.
Rosa María Calaf, quen foi a correspondente máis veterana da TVE, con 38 anos de traballo ás súas costas dirixindo varias delegacións no exterior (Hong Kong, Buenos Aires, Roma, Moscú, Nova Iorque e Pequín, entre outras), exerceu sempre o xornalismo con compromiso, calidade, implicación, continuidade e transcendencia.















