A Fundación Lydia Cacho, organización en defensa das persoas perseguidas ou en situación de perigo que co seu traballo loitan contra a corrupción e a favor dos dereitos humanos, comezou o pasado 21 de xaneiro en Santiago, unha xira que pretende dar a coñecer o seu traballo en todo o Estado, nun acto organizado pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela.
A súa presidenta executiva, Alicia Luna, asegurou que Galicia “é un bo punto de partida”, polas vinculacións históricas entre a comunidade galega e México, aínda que admitiu que a colaboración do actor Luis Tosar e da presidenta da Federación de Asociacións de Periodistas de España, Magis Iglesias, natural de Vigo, foron determinantes. [Pulsa para ler o resto da noticia]