A Federación Galega de Asociacións de Periodistas e a Asociación de Periodistas Vascos instan á transparencia informativa durante as respectivas campañas electorais

A Asociación de Periodistas Vascos-Euskal Kazetarien Elkartea (APV-EKE) e a Federación de Asociacións de Periodistas de Galicia (FEGAPE), ambas a dúas co respaldo da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) solicítanlle ós partidos políticos, ás institucións e ós outros organismos as máximas facilidades para que os profesionais dos medios poidan exercer libremente o seu labor, tanto dende o punto de vista técnico e loxístico como no que respecta ós contidos, de forma que se lles dean facilidades para o seguimento dos actos electorais, e poidan cumprir sen trabas cos procedementos periodísticos nas campañas que agora dan comezo no País Vasco e Galicia, con vistas ás eleccións do vindeiro 1 de marzo.

Ademais, a APV-EKE e a FEGAPE queren manifestar a súa preocupación pola cada vez máis habitual práctica dos partidos políticos de cociñar as súas propias informacións e as distribúan ós medios co obxectivo de que estes as transmitan como se foran informacións elaboradas polos seus propios profesionais. Por mor das presas ou da precariedade do seu equipo, algúns medios difúndenas sen citar a procedencia e sen avisar ás súas audiencias de que foron elaboradas con fins partidistas. Ambas asociacións profesionais instan ós medios a que fagan uso da transparencia informativa e aclaren a orixe desas imaxes, cortes de voz ou textos escritos.

Do mesmo xeito, avogan por unha clara diferenciación entre información e opinión, ou propaganda electoral, para que en ningún caso poidan confundir á cidadanía, isto é, ó electorado.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Febreiro 2009
L M M X V S D
« Xan   Mar »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
232425262728  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.