Para soci@s APSC: Seminario sobre o proceso de eleccións ao Parlamento Europeo con todos os gastos cubertos
A cada vez máis complexa realidade existente, esixe por parte dos xornalistas unha maior preparación e coñecemento do medio, unha formación continua ás veces difícil de acadar. Conscientes desta necesidade, a APSC convida aos seus socios/as a participar dos días 16 ao 17, e do 30 ao 31 de marzo, nunhas xornadas sobre o proceso de eleccións ao Parlamento Europeo en Bruselas, con todos os gastos cubertos (viaxe, aloxamento e comida).
Durante as xornadas os/as nosos/as socios/as terán a oportunidade de coñecer e intercambiar opinións con persoeiros chave do ámbito europeo sobre os retos da profesión, relacionados coa lagoa de identificación existente, co debate político e o liderado efectivo europeo. Todos os seminarios serán impartidos exclusivamente en inglés.
Para máis información sobre a viaxe contactar coa APSC a través do enderezo electrónico apsantiagoc@hotmail.com ou nos teléfonos 689 68 69 24 (polas mañás) e 686 24 34 65 (polas tardes) .















