Actualidade APSC

Cursos online de maquetación e xornalismo dixital

30-03-2009

A FAPE, grazas a un acordo coa Asociación de Editores de Diarios Españois (AEDE), organiza dous cursos on-line, un sobre maquetación dixital e outro sobre periodismo dixital, dirixido aos nosos asociados de xeito gratuíto.

Maquetación Dixital con Indesign Online

O obxectivo deste curso será acadar as habilidades suficientes para comprender as normas que informan da maquetación de publicacións, dominar a terminoloxía de maquetación, coñecer as principais normas tipográficas, coñecer ás posibilidades que ofrecen os programas de maquetación dixital como o Indesign, ter un coñecemento profesional deste programa  e aprender a maquetar con calidade profesional unha publicación.
[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Sabela Corbelle, nova presidenta da Asociación da Prensa de Lugo

25-03-2009

nova-directiva1 A nova dirección da Asociación da Prensa de Lugo estará presidida pola xornalista Sabela Corbelle, redactora do diario El Progreso. Ao seu carón estarán como vicepresidenta Kari Acebo, tamén do Progreso; e Amparo Roca, de Radio Nacional, que desempeñará o cargo de tesoureira. O novo secretario será o xornalista da Voz de Galicia, Benigno Lázare.

Como vogais da Asociación foron elixidos Elías Ferreiro Engroba, Carmen Pérez Uz e Susana Rodríguez (El progreso), José García (Radio Nacional de España), Antón Grande Penela (Telelugo) e Xoán Carlos Vidal Crende (TVG-Lugo).

Actualidade APSC

Informe sobre a situación da muller xornalista

23-03-2009

A Federación Internacional de Periodistas (FIJ-FIP) elaborou un completo e interesante  informe sobre a situación actual da muller xornalista e a loita polo “equilibrio” entre homes e mulleres nesta profesión.

Ademais de datos actualizados, o informe presenta consellos paraa promoción da igualdade de xénero nos medios de comunicación, o abuso sexual a mulleres xornalistas, unha londa análise dos estereotipos existentes así como as directrices da FIP para informar sobre casos de violencia de xénero.

Podedes descargalo aquí en formato PDF:  “Instalar el equilibrio”

Actualidade APSC

Famedic amplia os seus servizos cos cadros médicos de clínicas Gaiás, Robur e Babiera

23-03-2009

O servizo médico Famedic, do que todos/as os/as nosos/as socios/as son beneficiarios/as, vén de ampliar os seus servizos ao incluír os cadros médicos das clínicas Gaiás de Santiago de Compostela, clínica dental Robur, e o instituto oftalmolóxico Baviera.

Lembrade que para pedir unha cita médica, se é a primera vez que acudides a ese/a especialista, primeiro deberedes poñervos en contacto con Famedic chamando ao teléfono que aparece nas vosas tarxetas, e eles serán quen vos tramiten a cita.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Aprobada na Asemblea Xeral de FAPE a proposta de subscrición ao manifesto Xornalismo e Dereitos Humanos

20-03-2009

A FAPE aceptou na súa Asemblea Xeral celebrada en Sevilla a proposta da APSC de subscribirse como colectivo ao manifesto Xornalismo e Dereitos Humanos, que naceu do XII Encontro Internacional de Periodismo que organiza cada ano Javier Bauluz, premio Pulitzer español, na cidade de Xixón.

Do grupo de estudantes e profesores que forman este grupo naceu o seguinte texto:

“A Declaración Universal dos Dereitos Humanos deber ser o marco ético do xornalismo. O dereito á información é unha condición fundamental para o actuar libremente. Os xornalistas e as empresas periodísticas deben contribuír a que se respecten os dereitos humanos, e o seu labor debe poñer de manifesto todas as súas violacións. [Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Os/as xornalistas deberán cumprir co seu traballo e non aceptar as roldas de prensa sen preguntas

20-03-2009

Ao deterioro xeral da profesión xornalística en España súmase o desprezo e o descrédito que numerosos interlocutores sociais e líderes de opinión desprenden cara o labor do traballo do informador. Esta negativa actitude maniféstase, cada vez con máis frecuencia, na convocatoria de roldas de prensa nas que non se admiten preguntas. Isto supón un intolerable ataque contra o máis elemental servizo que á sociedade prestan os xornalistas, básico para que exista liberdade de expresión e se acentúe a busca da verdade, principio sagrado da profesión.

Ante esta situación, a Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) aprobou a iniciativa de rexeitamento desta práctica, presentada pola APSC na súa Asemblea Xeral de Sevilla, e propón que cando isto ocorra os xornalistas insistan en cumprir dignamente cos eu traballo e deber: facer preguntas. A FAPE entende que con esta actitude pódese erradica resta práctica perniciosa para a profesión.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A FAPE rexeita a asemblea de mulleres xornalistas creando unha comisión de traballo

20-03-2009

Finalmente por 383 votos a favor, 108 en contra e 21 abstencións a asemblea xeral da Fape celebrada en Sevilla acordou rexeitar a Asemblea de Mulleres Xornalistas, creada por mandato asembleario o pasado ano na asemblea de Zaragoza. Ao mesmo tempo con esa votación aprobouse a proposta da Xunta Directiva de reconverter a AMX nunha comisión de traballo dependente dos órganos de goberno da FAPE.

Sen dúbida este foi o punto máis discutido da asemblea sevillana. Viña precedido dunha prolongada polémica entre as promotoras da AMX, entre as que había mulleres xornalistas de asociacións de toda España, e a Xunta Directiva da FAPE desconforme co devir da AMX por entender que a súa posible xestión autónoma ía en contra dos Estatutos. A presidenta da comisión directiva da AMX, Laura Nieto, indicou ao comezo dos debates o seu acatamento as directrices de FAPE pero solicitou, por medio da Asociación de Granada á que pertence, a convocatoria dunha asemblea extraordinaria na que se presentaría unha reforma estatutaria para dar cobertura a AMX.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A FAPE crea unha Plataforma pola Defensa do Periodismo

18-03-2009

A FAPE acordou na súa 68 Asemblea Xeral, celebrada os días 14 e 15 de marzo en Sevilla, a creación dunha Plataforma pola Defensa do Periodismo, integrada polas organizacións máis representativas da profesión. Esta célula de crise exclusivamente profesional deseñará unha estratexia de actuación para a supervivencia duns medios de información rigorosos, independentes e profesionais como condición indispensable para asegurar a pluralidade da sociedade á que serven e o exercicio responsable dunha democracia representativa.

A calidade deses medios será, á súa vez unha condición necesaria para garantir esa supervivencia, polo que a reestructuración dos medios provocada ou agravada pola crise actual nunca debe ir en detrimento da súa calidade. [Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A primeira edición de “La Pepa 1812” premia a xornalistas de México e España polos seus traballos de denuncia da violencia e da marxinación

17-03-2009

A xornalista Mara Torres e o equipo de Noticias 2 de TVE, a fotógrafa Susana Vera e o periodista mexicano Humberto Padgett, foron os finalistas da primeira edición do premio “La Pepa 1812”, que galardoou os seus  traballos de denuncia sobre os problemas de violencia e marxinación presentes hoxe en día nun gran número de sociedades e países do mundo.

“É un verdadeiro orgullo a concesión deste premio, que non só me corresponde a min, senón ao traballo colectivo que facemos na revista, que é un medio pequeno que aposta polos contidos de fondo nun mercado xornalístico no que a concentración da publicidade noutros medios fai a supervivencia moi difícil manifestou Humberto Padgett, gañador da categoría de Prensa Escrita polo seu traballo “El regreso del secuestro”, publicado en “Emeequis”, o 11 de agosto de 2008, que trata sobre o desamparo dos cidadáns ante a ineficacia do sistema xudicial á hora de afrontar o crime organizado dedicado ao secuestro en México.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Asemblea FAPE

A crise deixa sen traballo a case 1.900 xornalistas en España

16-03-2009

Preto de 1.900 xornalistas de todo o Estado perderon o seu traballo durante recentemente, segundo os datos que se desprenden do estudo realizado polo Observatorio de FAPE para o seguimento da crise,  e que se deron a coñecer no marco da 68ª Asemblea Xeral de FAPE que se celebrou os pasados días 14 e 15 de marzo en Sevilla.

O Observatorio da crise advertiu sobre as fórmulas que as empresas de comunicación están a utilizar para facer fronte á crise económica como son as baixas, prexubilacións incentivadas, recortes e axustes de persoal, ao mesmo tempo que se fomenta a precariedade laboral en detrimento do xornalismo. [Pulsa para ler o resto da noticia]

 
 
Marzo 2009
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.