A Asociación de Periodistas de Navarra presenta a súa nova directiva liderada por Miguel Ángel Barcón

Miguel Ángel Barón, un dos responsables de Comunicación do Grupo MTorres, será o novo presidente da Asociación de Periodistas de Navarra, en substitución de Fátima Ruiz Bacaicoa, quen pasa a ocupar o cargo de Vicepresidenta. Jose Miguel Montes Sáenz, responsable do Departamento de Comunicación de la Confederación de Empresarios de Navarra (CEN), asumiu as funcións de Secretario Xeral. E pola súa banda, ao frente da Tesourería estará Javier Pérez Fernández e os tamén xornalistas Santiago Arriazu, Juan Luis Práxedes Pérez e José Martínez Echalar serán, durante os próximos catro anos, os vocais da Asociación.
A nova Xunta Directiva resultou elixida por votación entre os asociados o pasado sábado 28 de febreiro, na que foi a súa XCIII Asemblea Xeral Ordinaria, onde a anterior dirección deu paso aos novos membros que representarán aos xornalistas navarros ata o 2013.
A asociación de Periodistas de Navarra, que asumiu recentemente este nome en lugar de Asociación de la Prensa de Pamplona, continúa deste xeito co seu labor de representación e apoio aos xornalistas da Comunidade Floral. Asemade, o seu logo renovarase proximamente para adecualo á nova denominación.
















