Sevilla acollerá esta fin de semana a Asemblea Xeral da FAPE
Os vindeiros 13, 14 e 15 de marzo celebrarase en Sevilla a Asemblea Xeral da FAPE, que se encadrará dentro dos actos conmemorativos do centenario da Asociación de la Prensa desta cidade. Durante o encontro, que terá por temática central a actual situación de crise económica e os efectos que esta está a ter sobre a nosa profesión, daranse a coñecer os datos do Observatorio de Seguimiento de la Crisis, organización da FAPE que estuda a situación concreta actual dos medios e profesionais españois, sobre o paro e profesionais ameazados por Expedientes de Regulación do Emprego (ERE).
Ademais, durante as tres xornadas que dura a Asemblea organizaranse diferentes debates e mesas redondas sobre os problemas laborais existentes na profesión. Por outra banda, o sábado 14 terá lugar o fallo do I Premio de Periodismo para jóvenes, La Pepa, convocado pola FAPE.
Á Asemblea asistirá unha comisión de tres membros da APSC formada polo presidente da mesma, Luís Menéndez Villalva; a membro da Comisión Permanente da Agrupación de Mulleres Xornalistas de Santiago, Xulia Campo; e o membro da Comisión de Garantías e Asuntos Profesionais, Francisco Rodil.















