Ábrese a convocatoria do premio de xornalismo económico “Joven y Brillante” Diageo 2009
Diageo España vén de anunciar que xa está aberta a convocatoria 2009 do seu premio de xornalismo económico “Joven y Brillante”, dirixido a todos os profesionais da prensa, radio, televisión e internet menores de 35 anos que publiquen nalgún medio de comunicación do estado, en calquera das linguas oficiais.
Os traballos presentados serán artigos, reportaxes ou informacións publicadas, transmitidas ou emitidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2008. Estes deberán ir acompañados por unha memoria explicativa da traxectoria profesional do seu autor ou autores así como os datos referentes ao medio, data de publicación ou emisión e programa no caso dos traballos audiovisuais. A presentación dos traballos poderá facerse en nome propio ou a través do/a Director/a ou Redactor/a Xefe do medio.

“Joven y Brillante” ten por obxectivo recoñecer e premiar o traballo dos profesionais dos medios especializados en economía que contribúan de xeito decisivo ao desenvolvemento dunha cultura económica de calidade. O xurado do premio estará constituído por destacadas personalidades do mundo empresaria e valorará nos candidatos o seu rigor, a regularidade, a capacidade de investigación o sentido étnico e a independencia.
A organización estableceu tres premios, dotados con 12.000, 6.000 e 4.000 euros para o/a primeiro/a, segundo/a e terceiro/a clasificado/a respectivamente. Ademais, de crelo oportuno, o xurado terá a posibilidade de crear un accésit de 3.000 euros cando o considere oportuno.
As candidaturas deberán dirixirse á Secretaría de Joven y Brillante a través do correo electrónico jovenybrillante@primarcomunicacion.es antes das 14:00 horas do vindeiro 3 de abril de 2009.















