Actualidade APSC
A primeira edición de “La Pepa 1812” premia a xornalistas de México e España polos seus traballos de denuncia da violencia e da marxinación
17-03-2009
A xornalista Mara Torres e o equipo de Noticias 2 de TVE, a fotógrafa Susana Vera e o periodista mexicano Humberto Padgett, foron os finalistas da primeira edición do premio “La Pepa 1812”, que galardoou os seus traballos de denuncia sobre os problemas de violencia e marxinación presentes hoxe en día nun gran número de sociedades e países do mundo.
“É un verdadeiro orgullo a concesión deste premio, que non só me corresponde a min, senón ao traballo colectivo que facemos na revista, que é un medio pequeno que aposta polos contidos de fondo nun mercado xornalístico no que a concentración da publicidade noutros medios fai a supervivencia moi difícil manifestou Humberto Padgett, gañador da categoría de Prensa Escrita polo seu traballo “El regreso del secuestro”, publicado en “Emeequis”, o 11 de agosto de 2008, que trata sobre o desamparo dos cidadáns ante a ineficacia do sistema xudicial á hora de afrontar o crime organizado dedicado ao secuestro en México.















