Actualidade APSC

A FIP condena firmemente o asasinato dun veterano xornalista en Colombia

29-04-2009

A Federación Internacional de Periodistas (FIP) e a Federación de Periodistas de América Latina y el Caribe (FEPALC) condenaron a brutal morte do veterano xornalista colombiano, José Everardo Aguilar, quen foi asasinado no seu propio domicilio, situado no municipio de El Patía, a uns 450 quilómetros do sur de Bogotá.

Aguilar, de 72 anos e era pai de dez fillos. Tiña espazos radiofónicos na emisora Bolívar Estéreo e no Canal Local de Bordo, ademais de ser correspondente de Radio Súper Popayán. Segundo relatou o director de esta última emisora, un descoñecido achegouse ata a casa do periodista e ofreceulle entregarlle unhas fotografías e documentos. Cando José Everardo Agquilar solicitou velos, recibiu seis disparos a queimarroupa que lle causaron a morte de xeito inmediato. O asasino fuxiu camiñando tranquilamente.

“Este é o pico máis alto dunha seguidilla de ataques contra colegas en todo o país”, declarou Eduardo Márquez, presidente da Federación Colombiana de Periodistas (FECOLPER) e vicepresidente da FEPALC, quen lembrou que “no que vai de ano, rexistráronse 40 agresións contra xornalistas en Colombia”.
[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Globomedia organiza un Campamento Audiovisual para fillos e familiares de membros de FAPE

29-04-2009

O grupo Globomedia xa está a preparar o seu 2º Campamento Audiovisual. Nesta ocasión o campamento, coordinado polo Grupo Aula Joven, está dirixido a rapazas/ces de entre 6 e 15 anos, e se celebrará do 1 ao 14 de xullo nas instalacións que Aula Joven ten en Piñuecar (Serra Norte de Madrid). O obxectivo do mesmo é a iniciación lúdica ao mundo audiovisual, nun entorno de natureza, deportes e aventura. Os participantes no campamento terán ocasión de demostrar a súa destreza audiovisual no II Concurso de Fotografía e Vídeo, patrocinado por Globomedia.

Como na pasada edición, as/os fillas/os de familiares de membros de FAPE (Federación de Asociaciones de Periodistas de España) están invitados a participar xunto ao Colectivo Grupo Globomedia, neste Campamento Audiovisual. O prezo por participante é de 510 euros. As prazas, limitadas, cubriranse por rigorosa orde de inscripción.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Conferencia da xornalista francesa Isabelle Fougère con motivo do Día Internacional da Liberdade de Expresión

28-04-2009

foto-isabelle-fougere1A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) organiza o vindeiro 4 de maio, con motivo do Día Internacional da Liberdade de Expresión, unha conferencia coa xornalista francesa Isabelle Fougère, que se celebrará ás 12.00 horas no Club Internacional da Prensa.

Este acto afondará na temática da liberdade de expresión dende unha perspectiva feminina, a través da dilatada experiencia personal de Isabelle Fougère como xornalista free-lance en zonas de conflicto, quen analizará as dificultades engadidas ás que se enfronta unha muller xornalista para exercer como tal en determinados territorios.

Isabelle Fougère traballa para medios de referencia como a Axencia France Press,  Le Figaro Magazine, La Vanguardia, é xefa de servizo da revista GEO,  editora da revista internacional Francia Csirocco e colabora voluntariamente con Médicos del Mundo. [Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

O Goberno consultará a FAPE ante toda decisión relacionada cos medios de comunicación

22-04-2009

María Teresa Fernández de la Vega apoia a candidatura de Santiago para o Congreso Europeo de Xornalistas de 2010

A Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) urxiu onte ao Executivo español a que actúe con celeridade e determinación contra os problemas sectoriais e conxunturais que están a minar o xornalismo en España.

No marco dun encontro coa vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, a Xunta Directiva de FAPE exhortou ao Goberno a que garanta a adopción urxente de medidas para protexer ao xornalismo fronte á crise co fin de que o acusado descenso da publicidade non repercuta na perda de máis postos de traballo.

vicepresidencia3

En resposta a esta demanda, a vicepresidenta comprometeuse ante a presidenta de FAPE, Magis Iglesias, o secretario xeral da Federación, Javier Arenas, e cinco dos membros da súa Xunta Directiva, a informar e consultar a FAPE antes de que o Goberno adopte calquera decisión que poida afectar ao sector. Deste xeito, os xornalistas deixarán oír a  súa voz no deseño de perspectivas futuras. [Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A Fundación Bernard van Leer presenta tres bolsas de xornalismo especializado en temas de infancia

21-04-2009

A fundación Bernard van Leer convoca a primeira edición das Bolsas Oscar van Leer para xornalistas intersadas/os en cubrir temas sobre a infancia que desenvolvan o seu traballo en México, Perú, Colombia, Kenia, Tanzania, Uganda, na rexión de Orissa de India, Sudáfrica e o Caribe e estean interesados en cubrir temas relacionados coa infancia.

As/os cantidatas/os non debererán ser expertos na materia, pero si deben estar interesados en aprender máis acerca dos problemas cos que se enfrontan os nenos pequenos que viven en situacións de desvantaxe e, polo, tanto sobre a forma en que os medios de comunicaión poder contribuir a sensibilizar e a formar unha opnión sobre eles. A bolsa está aberta a xornalistas de todos od medios de comunicacións, incluída a prensa, radio, televisión e internet. [Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Aberta a convocatoria da II edición do premio de xornalismo radiofónico “Pepe Andreu”

17-04-2009

A universidade Miguel Hernández de Elche e a Asociación de la Prensa de Alicante (APA) presentan a segunda edición do premio de xornalismo radiofónico “Pepe Andreu”, ao que poderán optar traballos emitidos por calquera emisora nacional ou internacional, baseados no mundo da cultura, ciencia, deporte e a docencia, que teñan unha duración de entre cinco e sesenta minutos.

Para a/o finalista establécese un premio único de 3.000 euros, que será aportado pola Universidad Miguel Hernández. O prazo de inscrición remata o 30 de setembro de 2009.

Bases do premio

Actualidade APSC

O inferno da prensa

17-04-2009

Este anuncio publicitario arxentino revela algunhas das claves do xornalismo actual. Para facernos rir e pensar.

FAPE

Os periodistas españois poderán portar un distintivo cando cubran manifestacións

15-04-2009

reunion_rubalcaba_web3

A Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE) e o Ministerio do Interior acordaron unificar os distintivos dos xornalistas encargados de cubrir manifestacións, catástrofes e accidentes.

Este é un dos puntos do convenio que asinarán FAPE e Ministerio do Interior nas próximas semanas e que dirixirá recomendaciones a xornalistas e forzas de seguridade para que ningunha das partes entorpeza o traballo da outra.
[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Aberta a convocatoria do primeiro Premio de Xornalismo Tico Medina

06-04-2009

Aproveitando a celebración, en 2009, do décimo aniversario da apertura ao público da Cueva de las Ventanas, o Concello de Píñar convocou o primeiro Premio “Tico Medina” de Periodismo. O nome do premio obedece á homenaxe que o Concello de Píñar quere facer aos seu ilustre paisano, Tico Medina, xornalista de longa traxectoria e recoñecido prestixio. A través deste certame quérese contribuír á difusión do nome de Píñar e a Cueva de las Ventanas por todo o estado aproveitando a circunstancia de ter entre os seus paisanos a este xornalista de prestixio.

Bases do premio

Actualidade APSC

A APSC organiza cursos gratuítos de fotografía dixital, Photoshop, Maquetación con Indesign e Final Cut

06-04-2009

cursos-apscConsciente de que as novas tecnoloxías supoñen a día de hoxe unha ferramenta indispensable dentro do eido da comunicación, dende o uso de internet ata os programas máis avanzados, a APSC organiza unha serie de cursos, dirixidos ás/aos súas/seus socias/socios, sobre fotografía dixital, Photoshop, maquetación con Indesign e FinalCut.

Os cursos, que serán totalmente de balde, impartiranse sempre que se complete un cupo mínimo de 12 alumnos por aula. [Pulsa para ler o resto da noticia]

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Abril 2009
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.