Payday loans Car insurance

O presidente da APSC, en Bruxelas

O presidente da APSC,  Luís Menéndez,  acaba de chegar de Bruxelas onde, como representante para o exterior de FAPE, mantivo varios encontros coa Federación Internacional de Xornalistas (FIJ), entre eles, co secretario xeral, Aidan White e  o presidente da sección europea da FIJ, Arne König.

O motivo das reunións foi fundamentalmente a situación dos xornalistas españois, representados por FAPE, nesta instituución profesional internacional -que representa a 600.000 xornalistas en todo o mundo- e, máis en concreto, a celebración no vindeiro ano do Congreso Internacional da FIJ en Cádiz e a posibilidade de celebrar o Congreso Europeo no mes de abril na cidade de Santiago de Compostela.

Neste sentido, Arne König manifestou a Luís Menéndez que as conversas ían por bó camiño e que o Secretariado Xeral da FIJ podería tomar a decisión favorable no vindeiro Congreso que se celebrará o próximo mes de maio en Varma (Bulgaria). En caso de que a decisión sexa positiva sería unha gran ocasión para reunir en Compostela a xornalistas de todo o vello continente no ano Xacobeo 2010, sendo precisamente un ano importante para a FIJ-Europa, xa que se teñen que renovar os seus cargos directivos.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Abril 2009
D L M M X V S
« Mar   Mai »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.