Actualidade APSC
A FAPE anima a “protestar preguntando” ante as roldas de prensa sen preguntas
03-04-2009
A Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE), que agrupa a máis de 14.000 profesionais, anima aos xornalistas a “protestar preguntando” cando se vexan privados do seus dereito a interpelar nas cada vez máis habituais roldas de prensa e comparecencias sen preguntas.
A FAPE formula esta solicitude ante a tendencia crecente de partidos políticos, administración e outras institucións e colectivos a realizar convocatorias onde se nega a palabra aos informadores. Para a FAPE, “isto supón un intolerable ataque contra o máis elemental servizo que á sociedade prestan os xornalistas, básico para que exista liberdade de expresión e se acentúe a busca da verdade, principio sagrado da profesión”.















