A FAPE anima a “protestar preguntando” ante as roldas de prensa sen preguntas
A Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE), que agrupa a máis de 14.000 profesionais, anima aos xornalistas a “protestar preguntando” cando se vexan privados do seus dereito a interpelar nas cada vez máis habituais roldas de prensa e comparecencias sen preguntas.
A FAPE formula esta solicitude ante a tendencia crecente de partidos políticos, administración e outras institucións e colectivos a realizar convocatorias onde se nega a palabra aos informadores. Para a FAPE, “isto supón un intolerable ataque contra o máis elemental servizo que á sociedade prestan os xornalistas, básico para que exista liberdade de expresión e se acentúe a busca da verdade, principio sagrado da profesión”.
A Asemblea Xeral da FAPE, reunida en Sevilla o pasado 13 de marzo, decidiu apoiar as denuncias xa manifestadas por numerosos xornalistas, medios de comunicación e organizacións profesionais contra esta práctica. “Os profesionais deben en todo momento atender o seu compromiso co público é por iso que contraatacar preguntando protexe o dereito dos cidadáns a recibir información, fronte á pretensión das fontes de limitalo de xeito interesado”, sinalou.
A FAPE amosou o seu rexeitamento á negativa do presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, a aceptar preguntas dos xornalistas nunca recente comparecencia antes os medios o pasado 24 de marzo en Tudela (Navarra). E considera que esta é só unha das últimas mostras da prexudicial práctica, repetida en ocasións anteriores por institucións que se deben á cidadanía como o executivo central (José Luis Rodríguez Zapatero, o pasado 19 de marzo na Universidade de León), as Administracións autonómicas (recente campaña electoral no País Vasco e Galicia), entidades bancarias, empresarioe deportistas, entre outras fontes de información.
“Actuacións así merecen a nosa máis absoluta repulsa, polo contradictorio de chamar aos medios de comunicación a cubrir actos ou visitas de alto interese social e, mais ao mesmo tempo despregar todo tipo de obstáculos que impiden aos profesionais cumprir co seu deber de servizo público”, declarou a presidenta da FAPE, Magis Iglesias, quen ademais alertou sobre que isto pode chegar a confundir á cidadanía a mesturar termos tan dispares como “propaganda e información”
A FAPE fai un chamamento especial ás institución públicas para que faciliten o traballo dos xornalistas e non poñan trabas ao libre exercicio profesional.















