Aberta a convocatoria do primeiro Premio de Xornalismo Tico Medina
Aproveitando a celebración, en 2009, do décimo aniversario da apertura ao público da Cueva de las Ventanas, o Concello de Píñar convocou o primeiro Premio “Tico Medina” de Periodismo. O nome do premio obedece á homenaxe que o Concello de Píñar quere facer aos seu ilustre paisano, Tico Medina, xornalista de longa traxectoria e recoñecido prestixio. A través deste certame quérese contribuír á difusión do nome de Píñar e a Cueva de las Ventanas por todo o estado aproveitando a circunstancia de ter entre os seus paisanos a este xornalista de prestixio.















