A posible organización dun Congreso Europeo de Xornalistas en Compostela centrou a recepción de Magis Iglesias e a APSC co alcalde compostelán

magis-recepcion-alcaldeA presidenta da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), Magis Iglesias, foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Na reunión tamén participou a Xunta Directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), encabezada polos seu presidente, Luís Menéndez.

No encontro falouse, entre outras cuestións, da posibilidade de que Santiago organice en 2010 un congreso de xornalistas europeos, auspiciado pola Federación Internacional de Xornalistas (FIJ), que representa a 600.000 xornalistas de todo o mundo. Precisamente, o presidente da APSC, Luís Menéndez, vén de regresar de Bruxelas, onde puido falar sobre estes posible congreso co presidente da sección europea da FIJ, Arne König. A decisión podería tomarse no mes de maio. Outro asunto tratado foi a creación dun premio xornalístico.

A recepción foi tamén o primeiro encontro institucional co alcalde da nova presidenta da FAPE tras a súa elección o 20 setembro de 2008. Magis Iglesias está en Santiago para impartir unha conferencia na Universidade baixo o título “Parlamento, sitio distinto”, sobre a información política que se realiza dende as propias Cortes.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Abril 2009
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.