O Goberno consultará a FAPE ante toda decisión relacionada cos medios de comunicación

María Teresa Fernández de la Vega apoia a candidatura de Santiago para o Congreso Europeo de Xornalistas de 2010

A Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) urxiu onte ao Executivo español a que actúe con celeridade e determinación contra os problemas sectoriais e conxunturais que están a minar o xornalismo en España.

No marco dun encontro coa vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, a Xunta Directiva de FAPE exhortou ao Goberno a que garanta a adopción urxente de medidas para protexer ao xornalismo fronte á crise co fin de que o acusado descenso da publicidade non repercuta na perda de máis postos de traballo.

vicepresidencia3

En resposta a esta demanda, a vicepresidenta comprometeuse ante a presidenta de FAPE, Magis Iglesias, o secretario xeral da Federación, Javier Arenas, e cinco dos membros da súa Xunta Directiva, a informar e consultar a FAPE antes de que o Goberno adopte calquera decisión que poida afectar ao sector. Deste xeito, os xornalistas deixarán oír a  súa voz no deseño de perspectivas futuras.
O calendario de conversas fixa unha reunión semestral entre FAPE e a Vicepresidencia do Goberno e unha vía de comunicación directa e constante entre a Federación e a Subsecretaría de Presidencia.

Os asuntos fundamentais a analizar nestes encontros centraranse na situación laboral dos xornalistas e as axudas públicas aos medios de comunicación en crise, a financiación de Radio Televisión Española e,  a lei do Audiovisual e a de Acceso á Información Pública, que o Goberno prevé lexislar no prazo dun ano. O Executivo someterá á FAPE os borradores destas normas para que os xornalistas fagan as súas achegas.

O estatuto do xornalista e as axudas públicas

En canto ao Estatuto do Periodista, a vicepresidenta comprometeuse a impulsar a aprobación no Parlamento do texto que a FAPE redacte buscando o consenso do sector.

Ante a demanda de axudas públicas á prensa, o Goberno estudia un paquete de medidas que así mesmo someterá á opinión dos profesionais da información. Este paquete incluirá a reordenación das axudas directas á empresa, a distribución e a compra de papel.

Neste senso, a vicepresidenta animou aos medios de comunicación, como industrias culturais que son, a concorrer á nova liña de financiación que o Instituto de Crédito oficial (ICO) prepara a beneficio de autónomos e empresas. Co mesmo talante, o Executivo avogou por inculcar o hábito da prensa entre os máis novos mediante un plan de axudas á lectura a través da educación.

Tamén en referencia ao segmento do papel, a vicepresidenta Fernández de la Vega confirmou á Xunta Directiva de FAPE que o Ministerio de Igualdade, dirixido por Bibiana Aído, traballa xa na busca de solucións para suprimir os anuncios de prostitución dos xornais.

Destrucción do emprego: 2.225 xornalistas menos

A dobre crise que afecta aos medios de comunicación (conxuntural ou económico- financeira e de modelo) lévase cobrados 2.225 postos de traballo, o 16% das/dos arredor de 30.000 xornalistas que exercen en España. As cifras proceden do Observatorio da Crise creado por FAPE en xuño de 2008 para dar seguimento ao recorte de postos de traballo nesta industria. FAPE estima que poderían terse producido outras 350 rescisións de contrato aínda non rexistradas e coincide co presidente da Asociación de la Prensa de Madrid (APM), Fernando González Urbaneja, no prognóstico de que a crise podería enviar á rúa a un total de 5.000 xornalistas.

Facéndose eco do sentir xeneralizado das súas 48 asociación federadas, FAPE tamén trasladou ao Goberno a intranquilidade do sector ante “as secuelas que a crise deixará na profesión”.

“A democracia”, insistiu a presidenta de FAPE, “require dunha información fiable como un ben público. Isto implica que necesitamos xente e recursos para producilo e poñelo en circulación. O xornalismo e as/os súas/seus profesionais deben ser protexidos e animados a desenvolverse”.

A tal fin, FAPE manterá un próximo encontro co ministro de Traballo e Asuntos Sociais, no que se esixirá a Celestino Corbacho que a Inspección de Traballo extreme ao máximo a vixilancia do cumprimento da legalidade en decisións empresariais que afecten aos xornalistas.

Congreso europeo de xornalistas: Santiago de Compostela 2010

Asemade, o Goberno acordou impulsar a iniciativa da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), da candidatura desta cidade para acoller o próximo Congreso de Xornalistas vicepresidencia11Europeos en maio de 2010, con motivo do Ano Xacobeo. Nesta mesma liña, Fernández de la Vega amosou a súa satisfacción porque Cádiz sexa sede ese mesmo ano do Congreso Mundial da Federación Internacional de Periodistas (FIP). A FIP é a máis importante organización de periodistas do mundo pois agrupa a 600.000 profesionais de máis de 120 países.

A vicepresidenta espera que eses encontros dean luz a propostas efectivas que trasladar aos seus socios comunitarios durante a Presidencia española da Unión Europea, no primeiro semestre de 2010.

Negativa do Goberno a condicións laborais indignas

En relación coa última convocatoria da axencia EFE para autónomos dependentes, a vicepresidenta Fernández de la Vega aseverou ante a preocupación expresada por FAPE que o Goberno non consentirá condicións laborais indignas nun medio público.

Pola súa banda, nun encontro entre a Xunta Directiva de FAPE e a directiva da axencia pública EFE, o seu presidente, Alex Grijelmo, defendeu a citada convocatoria e sostivo que foi consecuencia “da entrada en vigor da lei LETA”(Lei do Estatuto do Traballador Autónomo), proceso no que dixo ter seguido as recomendacións da Avogacía do Estado para regularizar a situación dos seus colaboradores.

En presencia da directora xeral da axencia, Dolores Álvarez, e do xefe de Nacional, Javier Tovar, o presidente de EFE xustificou a medida, pois busca “dotar de dereitos laborais”(baixas por maternidade e enfermidade entre outros) aos autónomos dependentes. “A vontade de EFE pasa por manter a calidade da información e o emprego de calidade”, aseverou Grijelmo, quen garantiu que alomenos durante o vindeiro ano a axencia non acometerá recortes de persoal. No obstante, a Xunta Directiva de FAPE pediu á axencia plenas garantías de que o modelo de colaborador á peza non irá en detrimento da calidade esixible a calquera producto informativo.

FAPE entende que a última convocatoria de EFE presenta “moitas esixencias e poucas contrapartidas” e fixa unhas tarifas “escandalosamente baixas”, pese a que a axencia asegura que están por riba da media do mercado.

Nunha situación de crise económica como a que vivimos e que está afectando de pleno aos medios de comunicación, o Goberno debería colaborar máis que nunca na defensa do xornalismo digno, porque del depende a calidade da democracia. FAPE cree que esta esixencia pasa por manter uns correspondentes xustamente pagados.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Abril 2009
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.