Actualidade APSC
Conferencia da xornalista francesa Isabelle Fougère con motivo do Día Internacional da Liberdade de Expresión
28-04-2009
A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) organiza o vindeiro 4 de maio, con motivo do Día Internacional da Liberdade de Expresión, unha conferencia coa xornalista francesa Isabelle Fougère, que se celebrará ás 12.00 horas no Club Internacional da Prensa.
Este acto afondará na temática da liberdade de expresión dende unha perspectiva feminina, a través da dilatada experiencia personal de Isabelle Fougère como xornalista free-lance en zonas de conflicto, quen analizará as dificultades engadidas ás que se enfronta unha muller xornalista para exercer como tal en determinados territorios.
Isabelle Fougère traballa para medios de referencia como a Axencia France Press, Le Figaro Magazine, La Vanguardia, é xefa de servizo da revista GEO, editora da revista internacional Francia Csirocco e colabora voluntariamente con Médicos del Mundo. [Pulsa para ler o resto da noticia]















