Conferencia da xornalista francesa Isabelle Fougère con motivo do Día Internacional da Liberdade de Expresión
A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) organiza o vindeiro 4 de maio, con motivo do Día Internacional da Liberdade de Expresión, unha conferencia coa xornalista francesa Isabelle Fougère, que se celebrará ás 12.00 horas no Club Internacional da Prensa.
Este acto afondará na temática da liberdade de expresión dende unha perspectiva feminina, a través da dilatada experiencia personal de Isabelle Fougère como xornalista free-lance en zonas de conflicto, quen analizará as dificultades engadidas ás que se enfronta unha muller xornalista para exercer como tal en determinados territorios.
Isabelle Fougère traballa para medios de referencia como a Axencia France Press, Le Figaro Magazine, La Vanguardia, é xefa de servizo da revista GEO, editora da revista internacional Francia Csirocco e colabora voluntariamente con Médicos del Mundo.
Presidenta da Asociación de Mulleres Xornalistas (l’Association des Femmes Journalistes), Fundadora da Rede de Mulleres Xornalistas do Mediterráneo, da que é vicepresidenta; tamén ten publicado varios libros, entre eles “Dezaoito anos, basta” sobre os dereitos das mulleres novas, foi cooproductora dun documental sobre a muller en Europa e a as mulleres dos países candidatos á entrada na Unión Europea, e é a creadora do Premio Muller Fotoperiodista (Prix Canon de la Femme photojournaliste).
Convoca: Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela
Lugar: Clube Internacional de Prensa
Data: Luns, 4 de maio de 2009
Hora: 12.00 horas















