Actualidade APSC

A FIP condena firmemente o asasinato dun veterano xornalista en Colombia

29-04-2009

A Federación Internacional de Periodistas (FIP) e a Federación de Periodistas de América Latina y el Caribe (FEPALC) condenaron a brutal morte do veterano xornalista colombiano, José Everardo Aguilar, quen foi asasinado no seu propio domicilio, situado no municipio de El Patía, a uns 450 quilómetros do sur de Bogotá.

Aguilar, de 72 anos e era pai de dez fillos. Tiña espazos radiofónicos na emisora Bolívar Estéreo e no Canal Local de Bordo, ademais de ser correspondente de Radio Súper Popayán. Segundo relatou o director de esta última emisora, un descoñecido achegouse ata a casa do periodista e ofreceulle entregarlle unhas fotografías e documentos. Cando José Everardo Agquilar solicitou velos, recibiu seis disparos a queimarroupa que lle causaron a morte de xeito inmediato. O asasino fuxiu camiñando tranquilamente.

“Este é o pico máis alto dunha seguidilla de ataques contra colegas en todo o país”, declarou Eduardo Márquez, presidente da Federación Colombiana de Periodistas (FECOLPER) e vicepresidente da FEPALC, quen lembrou que “no que vai de ano, rexistráronse 40 agresións contra xornalistas en Colombia”.
[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Globomedia organiza un Campamento Audiovisual para fillos e familiares de membros de FAPE

29-04-2009

O grupo Globomedia xa está a preparar o seu 2º Campamento Audiovisual. Nesta ocasión o campamento, coordinado polo Grupo Aula Joven, está dirixido a rapazas/ces de entre 6 e 15 anos, e se celebrará do 1 ao 14 de xullo nas instalacións que Aula Joven ten en Piñuecar (Serra Norte de Madrid). O obxectivo do mesmo é a iniciación lúdica ao mundo audiovisual, nun entorno de natureza, deportes e aventura. Os participantes no campamento terán ocasión de demostrar a súa destreza audiovisual no II Concurso de Fotografía e Vídeo, patrocinado por Globomedia.

Como na pasada edición, as/os fillas/os de familiares de membros de FAPE (Federación de Asociaciones de Periodistas de España) están invitados a participar xunto ao Colectivo Grupo Globomedia, neste Campamento Audiovisual. O prezo por participante é de 510 euros. As prazas, limitadas, cubriranse por rigorosa orde de inscripción.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Abril 2009
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.