FAPE reclama o xusto recoñecemento do valor do traballo xornalístico

As regulamentacións de emprego maltratan a indispensable calidade dos produtos informativos e descapitalizan profesionalmente os medios de comunicación

fape_pqCon motivo do Día Internacional da Liberdade de Prensa, que se celebra este domingo 3 de maio, a Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), fai un chamamento ao conxunto da sociedade para que recoñeza o xusto valor do traballo xornalístico.

As asociación federadas e vinculadas a FAPE lembramos nesta data que a información é un dereito da cidadanía, ao tempo que unha obriga para o xornalista, ao que se lle foi encomendado este exercicio a través dos medios de comunicación. Como administrador deste precepto constitucional, o xornalista está comprometido coa verdade, o rigor, o respecto ás persoas e o cumprimento do código deontolóxico profesional.

O traballo dos profesionais da información é condición indispensable ara asegurar a pluralidade e o exercicio inescusable dunha democracia representativa. Subestimas esa labor, o seu calado na sociedade, é poñer en cuestión o seu papel nun sistema democrático de valores.

Cando celebramos unha efeméride que enxalza a independencia do exercicio profesional, temos que prestar maior atención se cabe á precariedade laboral e á destrución do emprego, convertidos hoxe nos principais inimigos da liberdade de prensa das sociedades democráticas.

O dereito da cidadanía á información reséntese cando o emprego dos xornalistas está en perigo ou á mercede de intereses espurios, apegados á economía ou ao poder, cando o persoal dos medios de comunicación adelgaza drasticamente e sobrecarga con tarefas, moitas veces impropias e pouco dignas, aos poucos compañeiros que quedan nas redaccións. En definitiva, cando a ameaza do desemprego que pende sobre os profesionais da información.

Por iso, a FAPE chama a todos os axentes sociais a potenciar e respectar o labor dos xornalistas.

- Ás administracións pedímoslle que non permitan a competencia desleal e confíen a súa comunicación a xornalistas.

- Ás empresas públicas, que sexan exemplares no respecto aos profesionais, establezan unhas condición laborais dignas e fagan unha xusta valoración do seu traballo con remuneracións e tarifas respectables.

- Ás empresas xornalísticas, que padecen o azote da crise financeira e tecnolóxica, correspóndelles apostar agora pola calidade e o bo xornalismo, como única receita válida para saír das dificultades que atravesan.

- Á cidadanía, a convidamos a manter unha actitude activa na defensa do dereito á información e á vixilancia da liberdade de prensa.

As organizacións profesionais estamos convencidas de que fórmulas como o mal chamado “xornalismo cidadán”, estendido entre os medios de comunicación para abaratar costos, fomentan a precariedade da información e confunden á cidadanía. As noticias elaboradas por espontáneos privan á sociedade da información rigorosa, contrastada e traballada en profundidade á que están obrigados os xornalistas. É, polo tanto, unha rexeitable competencia desleal.

Insistimos en que as regulamentacións de emprego inxustificadas son o máximo expoñente do desprezo aos xornalistas, maltratan á indispensable calidade dos produtos informativos e descapitalizan profesionalmente ás empresas.

Dende a FAPE, cremos que o Estatuto do Periodismo é a resposta axeitada para resolver boa parte dos problemas que actualmente afectan á profesión. Por iso impulsaremos a aprobación deste instrumento regulador que poña en valor a calidade do nosos traballo, estableza unhas normas claras da profesión e garanta a aplicación deontolóxica do xornalismo.

No Día Internacional da Liberdade de Prensa é unha xornada para defender unha democracia de calidade sometida ao control e a crítica.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Maio 2009
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.