Actualidade APSC

Os xornalistas son a chave non o producto para acadar a liberdade de expresión

04-05-2009

A presidenta da Asociación de Periodistas Francesas ofreceu hoxe unha charla en Santiago de Compostela con motivo do día da Liberdade de Expresión

foto-isabelle
A presidenta da Asociación de Periodistas Francesas, Isabelle Fougère ofreceu hoxe en Santiago unha conferencia con motivo do Día da Liberdade de Expresión, convidada pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) e a Agurpación de Mulleres Xornalistas de Santiago, na que analizou dende unha óptica feminina a consecución deste dereito internacional e na que destacou a responsabilidade dos xornalistas como instrumentos chave neste cometido.

Isabelle denunciou como unha das principais dificultades para realizar un bo traballo xornalístico a falta de medios e de tempo dos que dispoñen os xornalistas na actualidade. Así por exemplo falou do caso francés, recoñecido pola súa profesionalidade, e que agora segue unha política empresarial de reducción de gastos deixándose de traballar en terreo e optando por “copiar as noticias de outras axencias”. Esta foi unha das principais razóns que levou á francesa a abandonar hai 15 anos o seu traballo en redacción e converterse en free-lance. “ O traballo dos xornalistas é fora, non nas redaccións”, insistiu Fougère. [Pulsa para ler o resto da noticia]

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Maio 2009
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.