viagra onlineviagraviagra storiesviagra light switchviagra mexicoviagra vs cialis priceviagra professionalviagra resultsviagra pfizerviagra last longerviagra nitroglycerinviagra premature ejaculationviagra tipsviagra expiration dateviagra zoloft interactionviagra headquartersviagra alternativeviagra in womenviagra triangleviagra without edviagra heart attackviagra or cialisviagra 25mg side effectsviagra off patentviagra vs levitra vs cialisviagra manufacturerviagra questionnaireviagra super activeviagra expirationviagra questions and answersviagra usage tipsviagra kaiser permanenteviagra use in womenviagra dangersviagra gumviagra timeviagra contraindicationsviagra to last longerviagra for pulmonary hypertensionviagra kullanimiviagra jokesviagra online prescriptionviagra videoviagra jet lagviagra headacheviagra songviagra makes a romantic relationshipviagra online canadaviagra use in young menviagra voucherviagra red faceviagra patent expirationviagra and foodviagra costviagra knock offsviagra next day deliveryviagra empty stomachviagra theme songviagra zonder voorschriftviagra zoloftviagra with dapoxetineviagra erectionviagra quadriplegicsviagra and alcoholviagra vs. birth controlviagra naturalviagra going genericviagra triangle restaurantsviagra gold 800mg reviewsviagra dosageviagra young menviagra nitric oxideviagra with alcoholviagra vs genericviagra juicingviagra side effects alcoholviagra fallsviagra commercial songviagra joke labelsviagra definitionviagra effectsviagra jetviagra under tongueviagra los angelesviagra high blood pressureviagra commercialviagra pillsviagra kenyaviagra and nitratesviagra lawsuitviagra kidsviagra prescriptionviagra adviagra vs cialisviagra overnightviagra soft tabsviagra buy onlineviagra generic onlineviagra joint painviagra young adultsviagra 100mg priceviagra how does it workviagra kick in timeviagra and cialis togetherviagra best priceviagra yahooviagra vasodilatorviagra release dateviagra like drugsviagra jingleviagra retail priceviagra in canadaviagra forumviagra cialisviagra movieviagra instructionsviagra maximum doseviagra original useviagra shelf lifeviagra ukviagra doesn't workviagra useviagra genericviagra over the counterviagra versus cialisviagra generic dateviagra super forceviagra lastviagra and blood pressureviagra low blood pressure

FAPE e APSC apoian o manifesto “en defensa do emprego de calidade”

A Xunta Directiva de FAPE e a Asociación de Periodistas de Santiago (APSC)  apoian e comparten os obxectivos do Manifesto de Comisións Obreiras (CC OO) e animan á participación nos actos do día 7 “en defensa do emprego de calidade” nos medios de comunicación.

MANIFESTO DO SECTOR DE MEDIOS DE COMUNICACIÓN DE  FSC-CCOO EN DEFENSA DO EMPREGO DE CALIDADE

Desde o Sector de Medios de Comunicación de FSC-CCOO e a través das seccións sindicais e delegados de CC OO convocamos os profesionais dos medios de comunicación para que o 7 de maio se mobilicen en denuncia da situación de crise e en defensa do emprego de calidade, a mellor garantía para que os medios tamén ofrezan a mellor información á cidadanía.

As consecuencias da actual crise económica agudizaron a permanente situación de precariedade laboral e profesional dos medios de comunicación. Pasamos do traballo sen remunerar (bolseiros) e da temporalidade e os salarios máis próximos ao SMI que aos 1000 euros, aos despedimentos masivos e aos peches de empresas.

Os traballadores dos medios de comunicación estamos padecendo o recruamento da xa permanente precarización das nosas condicións laborais que, de forma unilateral e sen procurar solucións dialogadas, están acometendo as empresas. Os expedientes de regulación de emprego, os despedimentos colectivos e os peches de empresa por mala xestión, xunto á paralización de negociacións colectivas ou a amortización de postos de traballo mediante baixas incentivadas e prexubilacións son a triste realidade cotiá.

A expansión económica e corporativa desenvolvida polos grupos mediáticos dos últimos anos non preveu a posibilidade de ter que afrontar períodos de crise como o actual, ao non investir os cuantiosos beneficios obtidos no reforzamento das capacidades produtivas. A moitos medios de comunicación, a crise sérvelles de pretexto para acometeren axustes e recortes laborais, mentres axitan o fantasma do medo xerado pola situación de inseguridade laboral actual.

Achámonos, asemade, en pleno proceso de reconversión sectorial dixital, que atinxe a televisión, a radio e a prensa; este proceso debería afrontarse desde concepcións de progreso, que permitisen cumprir coa función de servizo que lles é propia, ampliando o seu alcance e acceso social, e que, porén, estase a acometer desde a ambigüidade e con receitas tendentes a cuestionar dereitos laborais e profesionais, ademais de poñer en dúbida o mantemento do actual nivel de emprego, que xa se axustou ao máximo.

A información é un ámbito crucial e estructural nunha sociedade democrática e, malia iso, está sometida a unha permanente precariedade laboral e desconsideración profesional. A actual crise agudizou esta situación, polo que non é posible esperar unha solución se non é pola nosa intervención, desde a firmeza, a responsabilidade e o rigor acreditados, e desde a maior unidade das organizacións representativas dos medios de comunicación.

Topámonos nunha espiral de desestructuración laboral e profesional dos medios que non ten trazas de remitir, senón todo o contrario. A continua perda de empregos e de dereitos laborais e profesionais auspiciada pola crise require que nos mobilicemos para denunciar esta situación e promover a adopción medidas que eviten unha deterioración irreversible da viabilidade dos medios e da súa calidade informativa.

Noutros sectores industriais e de servizos xa se están mobilizando a prol do seu emprego, e en moitas cidades son numerosas as mobilizacións contra a crise e polo emprego que se desenvolveron e as que están programadas, entre as que destaca a promovida pola Confederación Europea de Sindicatos, para que o 14 de maio Madrid se ateigue de voces contra a crise vindas de todo o estado, de Portugal e de Francia. O sector de medios de comunicación tamén ha contribuír á defensa do seu emprego e, ao tempo, denunciar os responsables desta situación e propoñer que se adopten medidas que garantan o emprego, a calidade e a pluralidade imprescindibles, entre as que estarían:

- A paralización de todos os procesos de regulación de emprego que non acrediten condicións de acordo entre a dirección e a representación sindical das empresas.

- A intervención exhaustiva de oficio das instancias de control administrativo e laboral (Inspección de Traballo, Axencia Tributaria, Tesourería Xeral do INSS) sobre as situacións de irregularidade laboral e fiscal, para evitaren situacións de precariedade e de fraude que condicionen a viabilidade das empresas.

-  A promoción da Mesa sobre a situación dos medios, composta polo Goberno e polos axentes representativos (sindicais, profesionais e empresariais), que aborde a necesidade de adoptar medidas públicas que reforcen as condicións necesarias para a viabilidade dos medios.

- A necesidade de avanzar e consolidar, como indicamos nas nosas propostas para a nova Lei xeral audiovisual, un modelo de radio, televisión e novos servizos de comunicación que cumpra coas súas funcións de servizo público de calidade na programación, e cos dereitos laborais.

Desde CC OO non imos permitir que os traballadores, que xa teñen padecido e padecen a precariedade do sector, agora teñan que pagar tamén pola mala xestión empresarial.

Por iso, como primeiro paso, desde o Sector de Medios de Comunicación de CC OO, baixo o lema EMPREGO DE CALIDADE NOS MEDIOS É INFORMACIÓN DE CALIDADE, imos desenvolver o 7 de maio de 2009, desde as seccións sindicais e delegados nas empresas de medios de comunicación, unha iniciativa estatal de accións reivindicativas desde os propios medios, que denuncien as situacións de conflito e de crise e as súas consecuencias, e que expoñan, alto e claro, que os medios de comunicación precisan de todo o apoio posible para mantérense, seren viables e ofreceren unha información de calidade e plural; e que ante as receitas de máis despedimentos e recortes de dereitos van ternos en fronte, tanto patronais como administracións

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Maio 2009
D L M M X V S
« Abr   Xuñ »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
Cartas de Borobó
 
 
 
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.