Actualidade APSC
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, comprometeuse a velar polo carácter público da CRTVG
09-05-2009

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse este sábado nun encontro con membros da Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE) a velar polo carácter público da Compañía de Radiotelevisión de Galicia (CRTVG).
O xefe do Executivo galego tamén se comprometeu a apoiar a candidatura presentada polo presidente da Asociación da Prensa de Santiago de Compostela (APSC), Luís Menéndez, para que Santiago de Compostela acolla o próximo Congreso Anual de Xornalistas Europeos, en abril de 2010.
A audiencia, celebrada en Santiago de Compostela, serviu de primeira toma de contacto entre o novo presidente galego e a Xunta Directiva de FAPE, encabezada pola presidenta da organización, Magis Iglesias e o seu secretario xeral, Javier Arenas. [Pulsa para ler o resto da noticia]















