Payday loans Car insurance

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, comprometeuse a velar polo carácter público da CRTVG

feijoo_fape
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse este sábado nun encontro con membros da Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE) a velar polo carácter público da Compañía de Radiotelevisión de Galicia (CRTVG).

O xefe do Executivo galego tamén se comprometeu a apoiar a candidatura presentada polo presidente da Asociación da Prensa de Santiago de Compostela (APSC), Luís Menéndez, para que Santiago de Compostela acolla o próximo Congreso Anual de Xornalistas Europeos, en abril de 2010.

A audiencia, celebrada en Santiago de Compostela, serviu de primeira toma de contacto entre o novo presidente galego e a Xunta Directiva de FAPE, encabezada pola presidenta da organización, Magis Iglesias e o seu secretario xeral, Javier Arenas.

Durante o encontro, Núñez Feijóo deu a súa palabra de “manter viva a televisión galega” e xustificou o seu compromiso no interese xeral dun medio de comunicación público transmisor de cultura galega.

Doutra banda, Núñez Feijóo rexeitou o modelo de RTVE de supresión da publicidade e, aínda que indicou que o Goberno autonómico estuda a posibilidade de retirar os anuncios da programación da televisión galega, puxo a barreira no feito de que non existan cadeas comerciais rexionais ás que gravar cunha taxa compensatoria, como sucede coas cadeas privadas nacionais.

O presidente galego tamén se comprometeu ante os representantes dos xornalistas a facer máis transparente a concesión de axudas públicas aos medios de comunicación rexionais, en resposta a un antiga demanda da FAPE.

A FAPE contestou ao ofrecemento de Núñez Feijóo coa petición dunha inspección de traballo nos medios de comunicación galegos que vele polo cumprimento dun mínimo de condicións laborais dignas.

Info: Servimedia
Foto: EFE

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Maio 2009
D L M M X V S
« Abr   Xuñ »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.