A Federación Europea de Periodistas aproba unha moción da FAPE en defensa da liberdade de prensa en Euskadi

A asemblea anual da EFJ (European Federation of Journalists), que se celebrou esta din de semana na localidade búlgara de Varna, aprobou unha moción presentada pola Federación Española de Asociacións de Periodistas (FAPE) para a defensa da liberdade de prensa en Euskadi.

Na mesma especifícase o apoio aos xornalistas que traballan baixo ameazas por parte da organización terrorista ETA e grupos afíns que “provocan múltiples extorsións contra a liberdade de prensa e en especial contra xornalistas que exercen tan dereito constitucional”. Así, púxose de manifesto que aínda hoxe hai 43 xornalistas que traballan con escolta, outros deben cambiar con frecuencia de residencia e moitos reciben ameazas anónimas contra a súa vida e as súas familias.

Por último constatouse que a banda terrorista ETA asasinou a dous xornalistas (Jose Maria Portell e Jose Luis López de la Calle) e feriu de gravidade a outros dous (Jose Javier Uranga e Gorka Landáburu), nos últimos anos.

A moción foi aprobada polos delegados de 28 países de Europa, exceptuando a abstención de Noruega.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Maio 2009
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.