Curso de Verán da USC sobre Camiño de Santiago, Paisaxe e Comunicación

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) pretende dar a coñecer a rota xacobea en Galicia como un espazo de comunicación, nunha paisaxe diferenciada, tanto no rural coma no urbano, e cuns valores histórico-artísticos de gran importancia no propio Camiño e na súa contorna.

Por esta razón, a USC pon en marcha, dentro das actividades enmarcadas na súa Universidade de Verán, un curso sobre Camiño se Santiago, Paisaxe e Comunicación, a través do cal tentará descubrir o patrimonio arquitectónico, artístico e paisaxístico desta ruta milenaria en Galicia, fortalecer o desenvolvemento dos valores de solidariedade e de amizade, coñecer e fomentar a ampla riqueza cultural do Camiño e contribuír ao respecto e á divulgación desas características que o fixeron patrimonio da humanidade.

O prazo de matrícula en liña para o curso, que se impartirá do 17 e o 31 de xullo, ábrese o vindeiro 25 de maio. A Universidade tamén oferta tres bolsas matrícula gratuíta. Para máis información sobre as bolsas, a matrícula e o programa do cursos prema aquí.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Maio 2009
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.