Curso de verán “Los periodistas ante el dolor” da Universidad Internacional Menéndez Pelayo en colaboración coa FAPE
A Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) organiza en colaboración coa Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) un curso baixo o título “Los periodistas ante el dolor” que se celebrará en Santander do 24 ao 28 de agosto.
Durante as mañás terán lugar as ponencias e polas tardes será o tempo para os diferentes debates organizados. Entre os conferenciantes do curso atópanse profesionais do mundo da comunicación como a presidenta da FAPE, Magis Iglesias; a xornalista Rosa María Calaf, ou o xornalista Florencio Domínguez; pero tamén representantes de outros ámbitos como o director da Delegación do Goberno de Violencia de Xénero, Miguel Lorente, o xuíz Grande-Marlaska ou o membro do Comité Nacional de Bioética, Pablo Simón.
A UIMP ofrece ademais unha serie de bolsas para financiar os gastos derivados da participación neste curso. O prazo de inscrición remata o vindeiro 5 de xuño.















