Actualidade APSC

Convenio con Talaso Atlántico para todos os membros da FAPE

09-06-2009
Luís Menéndez, Jesús Pérez Gil e Manuel L.Torrente

Luís Menéndez, Jesús Pérez Gil e Manuel L.Torrente

O presidente da APSC, Luis Menéndez Villalba, e Jesús Pérez Gil, Conselleiro Delegado de Talaso Atlántico asinaron a semana pasada un engadido ao convenio en vigor con este balneario polo que os beneficios para os socios da APSC se fan extensivos a todos os membros da FAPE. Os devanditos beneficios tamén se lle aplican a un  acompañante por socio.

 

Pode consultar en detalle as condicións de aplicación do convenio na seguinte ligazón:

http://periodistascompostela.org/index.php/2009/05/14/o-primeiro-centro-de-talasoterapia-de-galicia-asina-un-convenio-coa-apsc-con-descontos-para-sociasos/

Actualidade APSC

As clínicas Novovisión e Novosalud ofrecen descontos para titulares do carné FAPE e para os seus familiares directos

09-06-2009

Os titulares do carné FAPE e os seus familiares directos teñen un desconto nas clínicas Novovisión (Madrid, Murcia e Almería) de ata o 30% en cirurxía refractaria e consultas oftalmolóxicas, do 25% en cirurxía refractaria esférica e do 10% noutros tratamentos, así como probas preoperatorios gratuítas.

Pola súa banda, as clínicas de estética Novosalud (Madrid) ofrecen descontos de ata o 20% en tratamentos de depilación láser, rexuvenecemento facial, remodelación corporal, estética dental, ortodoncia e podoloxía.
[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A Asociación da Prensa de Vigo condena a violencia desatada no conflito do metal e as lesións sufridas polos xornalistas

09-06-2009

Vigo, 4 de xuño de 2009. Ante a evolución que segue o conflito laboral do sector do metal de Vigo e a indiscriminada espiral de violencia que se desatou, a Asociación da Prensa de Vigo condena o comportamento violento que está a tomar este conflito laboral, que está a converterse nun conflito de orde pública.

A Asociación condena o emprego da violencia que causou lesións a dous xornalistas e que tamén sembrou o caso durante a mañá do día 4 de xuño en varios puntos da cidade, con grave risco para a cidadanía.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A Fegape esixe á TVG que emita “A caixa negra”

09-06-2009

A decisión de cancelar a emisión da reportaxe sobre as vacas tolas é propia de tempos que creíamos superados

Santiago, 4 de xuño de 2009.- A Federación Galega de Periodistas (FEGAPE) entende que a cancelación da emisión do programa da Televisión de Galicia “A caixa negra” sobre a crise das vacas tolas previsto para a noite do pasado martes, 2 de xuño, é de todo punto censurable, xa que fai evidente o control político que se exerce sobre os contidos da programación do devandito medio público.

A situación tórnase se cadra máis grave ao valorar as explicacións dadas polos directivos da Compañía e polo propio presidente da Xunta. Mentres os primerios admiten que nin siquera visionaron o programa e que adoptaron a decisión por non perxudicar a un determinado sector económico, o segundo lle bota a culpa á petición dun sindicato agrario, olvidando cos medios públicos son propiedade de todos, e polo tanto, no caso da TVG, a sociedade ten dereito a dispor dunha televisión plural e sensible a todas as opinións, por moi críticas que algúns lles poidan parecer.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Desculpas polo retraso na publicación de información da APSC

09-06-2009

Debido a cuestións técnicas, acumulamos un pequeno retraso na publicación de información na web da Asociación de Periodistas de Santiago (APSC), motivo polo cal vos pedimos desculpas.

Actualidade APSC

Saúdo da nova responsable de prensa da APSC

09-06-2009

Estimados socios e socias da APSC,
A través desta nota quero presentarme a todos vós: son M.Carmen Domínguez, compañeira vosa da Asociación e, a partir de hoxe, tamén a responsable de prensa da APSC. 
Para o que poidades precisar, non dubidedes en contactar comigo a través do teléfono 689 686 924 ou ben a través deste enderezo electrónico: apsantiagoc@hotmail.com
 
Saúdos.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Xuño 2009
L M M X V S D
« Mai   Xul »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.