A Fegape esixe á TVG que emita “A caixa negra”
A decisión de cancelar a emisión da reportaxe sobre as vacas tolas é propia de tempos que creíamos superados
Santiago, 4 de xuño de 2009.- A Federación Galega de Periodistas (FEGAPE) entende que a cancelación da emisión do programa da Televisión de Galicia “A caixa negra” sobre a crise das vacas tolas previsto para a noite do pasado martes, 2 de xuño, é de todo punto censurable, xa que fai evidente o control político que se exerce sobre os contidos da programación do devandito medio público.
A situación tórnase se cadra máis grave ao valorar as explicacións dadas polos directivos da Compañía e polo propio presidente da Xunta. Mentres os primerios admiten que nin siquera visionaron o programa e que adoptaron a decisión por non perxudicar a un determinado sector económico, o segundo lle bota a culpa á petición dun sindicato agrario, olvidando cos medios públicos son propiedade de todos, e polo tanto, no caso da TVG, a sociedade ten dereito a dispor dunha televisión plural e sensible a todas as opinións, por moi críticas que algúns lles poidan parecer.
A FEGAPE entende tamén que a confección da programación dos medios públicos é unha responsabilidade dos dirixentes dos Medios, pero en ningún caso é lexítimo que utilicen criterios partidistas para eliminar da programación unha reportaxe sobre un dos episiodios mais graves da recente historia da nosa Comunidade sin ni siquera visionalo previamente.
Os periodistas integrados na FEGAPE rexeitamos e rexeitaremos sempre prácticas e decisións propias doutros tempos que creíamos xa superados. Polo tanto, esiximos dos resposnables da Televisión que arbitren as medidas necesarias para a inmediata emisión do citado programa.
A nova dirección da TVG, despois de dous días de reunións, tomou a decisión de ofrecer o terceiro capítulo do espazo “A caixa negra” o martes, 9 de xuño.















