Actualizado o cadro médico de Famedic en Galicia
Xa está a disposición de todos os asociados o novo cadro médico de Famedic en Galicia, que se pode consultar a través do enlace que temos na nosa páxina, e a continuación, buscando no epígrafe “cuadro médico”. Esta actualización fíxose necesaria despois de que se detectaran algúns erros no anterior listado, que xa foron subsanados e corrixidos.
Cómpre destacar o importante aumento de servizos en Santiago de Compostela onde aparecen recollidas todas as especialidades da Clínica Gaiás. Nos próximos días este cadro completarase con outros servizos que iremos anunciando a medida que se produza a incorporación.
Listado de especialidades:
• Reumatoloxía
• Traumatoloxía
• Fisioterapia
• Rehabilitación
• Dermatoloxía
• Neurocirurxía
• Unidade da dor (anestesia)
• Cirurxía xeral e dixestiva
• Logopedia
• Psicoloxía
• Medicina xeral
• Enfermería
• Xinecoloxía e obstetricia. Ecografías xinecolóxicas
• Radiodiagnóstico
• Neurofisioloxía
• Medicina interna
• Especialista en aparato dixestivo
• Cardioloxía. Ecocardiografía
• Análises clínicas
• Podoloxía















