Ábrese o prazo de inscrición para o I Curso Internacional de Libertad de Expresión
O I Curso Internacional de Libertad de Expresión, organizado pola Asociación de Prensa de Cádiz e a Universidade de Sevilla, desenvolverase do 14 ao 16 de setembro en Chiclana de la Frontera (Cádiz), no marco da conmemoración do bicentenario das Cortes de Cádiz.
Neste curso profundizarase sobre a prensa e a liberdade de expresión en Iberoamérica ou sobre os novos valores e conflitos sociais. Tamén se analizará a democracia e a súa función social informativa.
Durante os tres días que dura o evento, diversas personalidades como Ignacio Ramonet, Álex Grijelmo, Jose Manuel Martín Medem, Francisco Sierra, José María Calleja, Antonio Checa Godoy e Ramón Reig, entre outros periodistas e profesores de recoñecido prestixio, reflexionarán sobre o periodismo.
Os interesados poden inscribirse a través da páxina web www.prensacadiz.org. Deberán cumprimentar a solicitude e reenviala ao enderezo apc@prensacadiz.org, xunto co recibo de ter efectuada a matrícula.
Para máis información, pulse aquí para ver o programa do curso.















