Payday loans Car insurance

Actualidade APSC

A FAPE reproba a actitude do responsable de comunicación do Ministerio de Traballo

31-07-2009

A Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) manifesta o seu rexeitamento ao trato que o responsable de comunicación do Ministerio de Traballo, Manel Fran i Trenchs, lle deu a un periodista de TVE a quen ameazou con vetarlle a entrada por facer unha pregunta ao ministro Celestino Corbacho unha vez finalizado o acto público.

A FAPE considera que esta situación constitúe un agravio para toda a profesión periodística en España e solicítalle ao Ministerio de Traballo que pida desculpas, tanto ao xornalista afectado como á opinión pública.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

O Grupo Ciudades Patrimonio de la Humanidade de España precisa xornalista

30-07-2009

O Grupo Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España busca xornalista con disponibilidade para viaxar, xa que son 13 as cidades que conforman este grupo (http://www.ciudadespatrimonio.org), e formalizaríase a través dun contrato de autónomo. As persoas interesadas poden mandar o seu currículo á atención de Florentino García de la Noceda ao seguinte enderezo electrónico: fgn@bpm.es

A empresa de recursos humanos que se encarga da preselección é BPM (teléfono: 91 319 03 05), a selección final correspóndelle ao Grupo de Cidades Patrimonio.  O prazo para presentar currículos remata o 10 de setembro. Do 10 ao 23 de agosto a empresa recibirá os currículos pero non se porá en contacto cos candidatos, por mor das vacacións.

Actualidade APSC

Descontos para asociados nos Máster en periodismo dixital e comunicación corporativa dixital

29-07-2009

A Universidad de Alcalá, en colaboración co Instituto de Postgrado de Estudios Culturales y de Comunicación (IPECC), organiza dous cursos, ambos online, que tratan sobre periodismo dixital e comunicación corporativa e institucional dixital web 2.0, con descontos para os titulares do carné da Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE)

Os cursos son online e as prazas están limitadas. Tras a súa finalización, os alumnos recibirán un diploma que acredita este título propio da Universidade de Alacalá, así coma os 60 créditos correspondentes.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Lembranza de Borobó

27-07-2009

“Hoxe procuro erguer esta columna de 2400 caracteres, cunhas 400 palabras e 30 liñas, en honra e lembranza do ilustre mestre de xornalistas Raimundo García Domínguez, “Borobó” (Pontecesures, 1916-Santiago de Compostela, 2003), que foi aglutinador da transcendente xeración de La Noche, ao acoller nese desaparecido xornal vespertino aos escritores e intelectuais máis relevantes dunha Galicia silenciada á forza, en plena travesía da longa noite.”Así comeza o artigo de Benxamín Vázquez publicado en Xornal.com o 21 de xullo de 2009 en lembranza do xornalista Raimundo García Domínguez, Borobó, que a APSC reproduce íntegro na sección Espello da súa web.

 

Pulse aquí para ler o artigo completo.

Actualidade APSC

Novidades nos servizos para titulares do carné FAPE

27-07-2009

Os membros de FAPE poden obter vantanxes en 560 talleres de automóbiles repartidos por toda España, cun 10% de desconto en produtos Confort Auto (www.confortauto.com) sobre a tarifa oficial (baterías, lubricantes, pneumáticos e lavaparabrisas), un 20% de rebaixa en man de obra en pneumáticos e servizo de mantemento gratuíto (revisión de presión e comprobación de niveis).

 

Estes descontos non son acumulables a outras ofertas. Para ver os detalles do acordo, así como a relación de talleres asociados, pulse no seguinte documento: acordo e listaxe de talleres.

 

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Convocados os Premios IMSERSO Infanta Cristina de comunicación

22-07-2009

Os artigos, reportaxes de prensa, programas de radio ou televisión e publicidade publicados ou emitidos durante o período comprendido entre o 1 de xullo de 2008 e o 15 de setembro de 2009 poderán participar na modalidade de comunicación dos Premios IMSERSO Infanta Cristina.

O Instituto de Mayores y Servicios Sociales (IMSERSO) convoca estes premios que, na súa modalidade de comunicación, terán en conta a contribución á sensibilización da sociedade, así como á integración social de maiores, persoas dependentes ou en risco de dependencia.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Viaxe a Jordania para asociados de FAPE

21-07-2009

Os asociados da Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) poden viaxar a Xordania do 4 ao 11 de setembro de 2009 por un prezo con vantaxes, xa que se aplica a mesma tarifa para o acompañante. Deste xeito, por 1.425 € por persoa, poderán pasar 8 días con visitas a Amman, o Mar Morto, Petra e Aqaba, en réxime de pensión completa, con 6 excursións e entradas incluídas.

Consulte o documento da axencia de viaxes pulsando aquí.
[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Aberta a convocatoria dos premios Daniel Pearl de periodismo internacional

21-07-2009

A organización dos premios Daniel Pearl ás mellores investigacións periodísticas internacionais abriu o seu prazo de recepción de traballos, que finalizará o 15 de xaneiro de 2010. Outorgaranse dous premios de 5.000 dólares cada un, o primeiro para periodistas de Estados Unidos e o segundo para periodistas do resto do mundo. Ademais tamén se entregarán premios de 1.000 dólares a cada un dos cinco traballos finalistas.

O concurso convócase cada dous anos e está aberto a periodistas de todas as nacionalidades en calquera medio de comunicación. O requisito principal é que a investigación, ben sexa un traballo individual ou unha serie sobre un mesmo tema, estea elaborada en alomenos dous países. Un xurado internacional, integrado por cinco periodistas, seleccionará os gañadores.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A FEGAPE amplía a súa representatividade e adapta os seus estatutos con visión de xénero

20-07-2009

A Federación Galega de Asociacións de Periodistas, FEGAPE, acordou, na xuntanza do seu Consello Directivo celebrado en Santiago, ampliarse e aceptar asociacións vinculadas, de xeito que incrementa a súa representatividade no xornalismo de Galicia.

A Asociación de Periodistas Deportivos, con 187 socios, e a Asociación de Periodistas de Galicia, con 90, son as primeiras organizacións profesionais que son aceptadas dentro de FEGAPE como vinculadas, de xeito que pasan a ter voz e voto dentro da Federación.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Reporteros sin Fronteras reproba o asasinato de Natalia Estemirova

20-07-2009

Natalia Estemirova, colaboradora da ONG Memorial en Grozny (Chechenia) e periodista, foi asasinada o pasado 15 de xullo. Estemirova dedicábase desde o comezo da guerra chechena a documentar as violacións dos dereitos humanos en Chechenia, segundo informa Reporteros sin Fronteras.

A organización destaca o valor e o compromiso de Natalia Estemirova na súa defensa dos dereitos humanos e solicítalle ás autoridades rusas unha condena pública do crime, así como unha demostración verdadeira de loita contra a impunidade, sobre todo na zona do Cáucaso.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Xullo 2009
D L M M X V S
« Xuñ   Ago »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.