FAPE
A compañía aérea Spanair ofrece condicións especiais aos periodistas de FAPE
01-07-2009
Spanair ofrece un desconto do 25% en todas as tarifas da compañía para o titular e acompañante do carné FAPE. Estas condicións aplícanse de xeito inmediato, tras o peche dun acordo entre a compañía aérea e a Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE). Este desconto non ten efecto a cargos de emisión, taxas nin tampouco a voos en código compartido operados por outras compañías.
Para comprar o voo existen dous procedementos. En primeiro lugar, chamando a Spanair Center ao 902 13 14 15 en horario de 06:00 a 00:00 horas, calquera día da semana. Só é necesario acreditar unha vez a condición de periodista, enviando copia do carné FAPE (anverso e reverso) e do DNI ou pasaporte, ben a través do fax 91 114 11 00 ou ben a través do correo electrónico: documentacion@spanair.com.















