Asasinado un corresponsal de Radio América en Honduras
O periodista Gabriel Fino Noriega, de 42 anos, corresponsal da emisora nacional Radio América, foi asasinado o pasado 3 de xullo no municipio San Juan Pueblo, na rexión de Atlántida, na costa caribeña de Honduras, segundo informa Reporteros sin Fronteras.
Segundo explica a organización, o seu asasinato non está relacionado coa crise política que atravesa o país. Uns descoñecidos atacárono cando saía da emisora local Radio Estelar onde presentaba un boletín diario. Fino Noriega convértese no terceiro periodista que matan en Honduras neste ano.















