A FAPE propón o regreso aos valores éticos do xornalismo para superar a crise nos medios

Os xornalistas teñen que regresar ás orixes e recuperar os valores éticos da profesión para ofrecer un xornalismo de calidade e poder sobrevivir á grave crise estructural que padece o sector. Esta é unha das conclusións do curso La prensa en crisis: hacia un cambio de modelo, que dirixiu a presidenta da Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE), Magis Iglesias, na Universidade de Málaga entre o 6 e o 10 de xullo de 2009.

A presidenta da FAPE reinvindicou o “rearme moral” do xornalismo, que se erixirá en “rearme moral” da sociedade. Magis Iglesias explicou que través de ERES, despidos e prexubilación masivas, os profesionais da información pagan agora as consecuencias da atomización de medios en España, das axudas directas á prensa e do conseguinte sometemento das empresas de comunicación ao poder político.

No desenvolvemento do curso, o profesor Bernardo Díaz Nosty, director da Cátedra UNESCO de Comunicación da Universidade de Málaga, considerou a “prospección” como factor clave para lograr que o xornalismo de calidade sobreviva á irrupción de Internet, aos recortes presupostarios e aos modelos de negocio a corto prazo predominantes hoxe en día.

Tanto Díaz Nosty como Magis Iglesias lembráronlles aos xornalistas o seu papel de mediadores entre o poder e a cidadanía e motivaron o exercicio dun xornalismo de valor engadido que volva cativar o lector.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Xullo 2009
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.