Payday loans Car insurance

Apoio a un plan de axuda gobernamental aos medios

A Asociación de la Prensa de Madrid, o Col.legi de Periodistes de Catalunya, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Unió de Periodistes Valencians apoian un plan de axuda gobernamental ao sector dos medios, sempre que teña como obxectivo a defensa do traballo, a creación de emprego de calidade e o mantemento da dignidade profesional dos profesionais do xornalismo.
 
Nesta declaración conxunta, as catro entidades expoñen que as axudas do Goberno teñen que servir para crear postos de traballo e non para financiar expedientes de regulación de emprego ou despedimentos. Na súa proposta formulan que, para superar a actual crise que se vive nos medios, é preciso apostar pola calidade profesional e por un maior respecto ás normas éticas e deontolóxicas.

As catro organizacións subliñan que as axudas públicas propostas en forma de créditos, aprazamentos de cotas sociais ou axudas directas á difusión e á formación teñen que ser transparentes e con compromisos claros por parte de quen se favorece delas, incluídos os xornalistas. Pola parte dos editores tamén solicitan un compromiso que sirva para garantir a independencia, a autonomía e a profesionalidade de medios e xornalistas.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Xullo 2009
D L M M X V S
« Xuñ   Ago »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.