Convocada a 6ª edición do Premio periodístico “El Cava”

O Consejo Regulador del Cava convoca a 6ª edición do Premio periodístico “El Cava”, cunha dotación de 12.000 euros para cada unha das tres modalidades recoñecidas: prensa, radio e televisión. O xurado premiará os traballos periodísticos que divulguen a cultura do cava e potencien o seu prestixio.

Os traballos deberán ter sido publicados ou emitidos durante o período comprendido entre febreiro de 2008 e xaneiro de 2010 e o seu prazo de recepción finaliza o 28 de febreiro de 2010.

No caso dos traballos publicados en prensa, as pezas terán que ir asinadas co nome do autor. No caso de teren sido publicados con pseudónimo ou sen firma, o director do medio terá que certificar o nome do autor. Amais, deberán entregarse dúas copias do artigo publicado, especificando os datos completos do concursante, título e data de publicación.

No caso de programas ou espazos de televisión, haberá que entregar unha copia xunto cun certificado do director da cadea en que se acredite o título, data e hora de emisión.

Para o caso da radio, abonda con entregar unha única copia do programa presentado tal e como foi emitido, xunto co certificado do director da emisora en que se acredite o título, data e hora de emisión.

Os traballos entregaranse en:

Oficinas del Consejo Regulardor del Cava
Avenida de Tarragona, nº 24
Villafranca del Penedès
08720 Barcelona

Para máis información, consulte neste enlace as bases.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Xullo 2009
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.