Actualidade APSC
A FEGAPE amplía a súa representatividade e adapta os seus estatutos con visión de xénero
20-07-2009
A Federación Galega de Asociacións de Periodistas, FEGAPE, acordou, na xuntanza do seu Consello Directivo celebrado en Santiago, ampliarse e aceptar asociacións vinculadas, de xeito que incrementa a súa representatividade no xornalismo de Galicia.
A Asociación de Periodistas Deportivos, con 187 socios, e a Asociación de Periodistas de Galicia, con 90, son as primeiras organizacións profesionais que son aceptadas dentro de FEGAPE como vinculadas, de xeito que pasan a ter voz e voto dentro da Federación.















