Payday loans Car insurance

Descontos para asociados nos Máster en periodismo dixital e comunicación corporativa dixital

A Universidad de Alcalá, en colaboración co Instituto de Postgrado de Estudios Culturales y de Comunicación (IPECC), organiza dous cursos, ambos online, que tratan sobre periodismo dixital e comunicación corporativa e institucional dixital web 2.0, con descontos para os titulares do carné da Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE)

Os cursos son online e as prazas están limitadas. Tras a súa finalización, os alumnos recibirán un diploma que acredita este título propio da Universidade de Alacalá, así coma os 60 créditos correspondentes.

O máster en periodismo dixital ten un coste de 4.400 €, cun prezo de 3.960 € para os membros de FAPE. A súa duración abrangue desde o 20 de outubro de 2009 ata o 30 de xuño de 2010 e concédense 60 créditos universitarios. No seu programa constan os seguintes contidos:

Os medios dixitais e o periodismo electrónico
Deseño do periodismo electrónico
Aspectos legais do periodismo dixital
Fontes do periodismo dixital e tratamento de contidos
Ferramentas do periodismo dixital
Xestión do coñecemento
Marketing e publicidade online
Proxecto

O máster en comunicación corporativa e institucional dixital web 2.0 ten un custo de 6.000 €, cun prezo rebaixado de 5.400 € para periodistas membros de FAPE. O curso comeza o 20 de outubro de 2009 e remata o 15 de xullo de 2010. Tamén se conceden 60 créditos. O seu programa contempla estes contidos:

Que é a web 2.0?
Impacto das novas tecnoloxías web 2.0 na estratexia de comunicación empresarial e institucional
A sindicación de contidos: escoitar a web social
Visibilidade e posicionamento na Rede: factores clave á hora de deseñar o sitio web dunha empresa
O auxe dos blogs corporativos
Nanoblogging: Twitter, Pownce, Jaiku, YouAre, etc.
Videoblogging: a audiovisualización da Rede
O auxe dos Podcasts
Xestión do coñecemento a través dos wikis
O papel das redes sociais na estratexia de comunicación
Aspectos legais da web 2.0
Outras ferramentas da web social
Proxecto

Para máis información e preinscricións consulte a páxina www.ipecc.net ou envíe un correo electrónico ao enderezo: info@ipecc.net. Tamén pode poñerse en contacto co IPECC a través do número de teléfono: 91 799 58 45

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Xullo 2009
D L M M X V S
« Xuñ   Ago »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.