Payday loans Car insurance

Actualidade APSC

O Grupo SIM selecciona en Madrid un redactor creativo copy junior para prácticas remuneradas

18-08-2009

O Grupo SIM, axencia de marketing directo, relacional, incentivos e eventos selecciona un redactor creativo “copy junior” para Las Rozas, en Madrid. Búscase unha persoa que poida estar estudiando para ofrecerlle prácticas remuneradas desde o 1 de setembro ata decembro, con posibilidade de continuar.

O traballo será só en horario de mañá e consitirá en redacción de textos de marketing directo e en liña, folletos, pezas creativas gráficas, html, correos electrónicos, etc. As persoas interesadas poden dirixirse a Purificación Reig en gruposim@gruposim.net.

Actualidade APSC

Aberto o prazo de inscrición para o concurso de guións Compostela Plató

18-08-2009

O concurso de guións Compostela Plató, que se celebra como parte da edición do Festival Internacional de Curtas, Curtocircuito, abreu o prazo de inscrición ata o 15 de setembro. Para máis información, as bases pódense consultar na páxina web www.curtocircuito.org.

O obxectivo deste festival é potenciar a creación audiovisual e darlle a oportunidade a un guionista de ver producido o seu proxecto, ao tempo que se aproveita para promocionar Santiago como marco para a gravación.

Actualidade APSC

Un arrestro en Venezuela despois da última agresión a doce periodistas

18-08-2009

Un traballador dunha fundación paraestatal foi arrestado despois da agresión que sufriron o pasado 13 de agosto doce periodistas do grupo de prensa privado Cadena Capriles, en Venezuela, segundo informa Reporteros sin Fronteras.

A organización manifesta o seu apoio ás redaccións de Cadena Capriles e lamenta que o goberno se vexa cada vez máis desbordado por uns militantes extremistas, nun contexto de novas lexislacións controvertidas e peches de medios de comunicación, e esíxelle ás institucións un verdadeiro debate nacional.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Agosto 2009
D L M M X V S
« Xul   Set »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.