O Grupo SIM selecciona en Madrid un redactor creativo copy junior para prácticas remuneradas
O Grupo SIM, axencia de marketing directo, relacional, incentivos e eventos selecciona un redactor creativo “copy junior” para Las Rozas, en Madrid. Búscase unha persoa que poida estar estudiando para ofrecerlle prácticas remuneradas desde o 1 de setembro ata decembro, con posibilidade de continuar.
O traballo será só en horario de mañá e consitirá en redacción de textos de marketing directo e en liña, folletos, pezas creativas gráficas, html, correos electrónicos, etc. As persoas interesadas poden dirixirse a Purificación Reig en gruposim@gruposim.net.















