Actualidade APSC

A Asociación de Escritores Noveles amplía a súa oferta de cursos de escritura creativa

24-08-2009

Todos os cursos que ofrece a Asociación de Escritores Noveles son en liña e están destinados a todas aquelas persoas que se inician no hábito de escribir ou para aquelas que desexan ampliar e perfeccionarse. Para este curso, a novidade é a formación en materia xornalística: periodismo dixital, periodismo cultural na prensa escrita, crítica literaria e formación de lectores.

 

Ademais tamén ofrece outros contidos como cursos de escritura creativa, un tutorial sobre a  novela, así coma cursos para empresas baseados na redacción comercial e de textos.

 

Para máis información, consulte a web: www.asociacionescritoresnoveles.es

Actualidade APSC

Quedan dous meses para a presentación de traballos ao Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación

24-08-2009

A VII edición do Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación ten como data límite para a recepción de traballos o vindeiro 31 de outubro de 2009. Os traballos que se presenten a concurso deberán estar publicados entre o 3 de xullo de 2008 e o 31 de outubro deste ano.

 

O obxectivo do Premio, convocado pola Consellería de Economía e Industria, é estimular a produción de textos en materia científica e fomentar a cultura do coñecemento da ciencia e da tecnoloxía, así como difundir as actividades de I+D+i cara á sociedade galega. A dotación do premio é de 5.000 euros para o gañador e 2.300 euros para o segundo clasificado.

 

Para máis información, consulte as bases neste enlace: Orde do 9 de xullo de 2009 pola que se convoca o VII Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Agosto 2009
L M M X V S D
« Xul   Set »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.