Actualidade APSC

O xuíz Grande Marlaska propón a adopción dun código ético para a cobertura de información sobre terrorismo

27-08-2009

O xuíz da Audiencia Nacional, Fernando Grande-Marlaska, propuxo a necesidade dun código ético que regule a cobertura de informacións sobre terrorismo, coa finalidade de evitar situacións que lles poidan afectar ás vítimas ou que poñan en risco o proceso. Segundo informa a Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE), o maxistrado así o manifestou durante o curso Aproximación de los periodistas al dolor celebrado do 24 ao 28 de agosto de 20009 en Santander.

 

Grande-Marlaska suxeriu tres vías de control: a regulación, a autorregulación e a autocensura, estratexias para evitar casos coma as investigacións periodísticas en que se desvela a identidade protexida de testemuñas ou os xuízos paralalelos nos medios.

Actualidade APSC

Reporteros sin Fronteras preocúpase pola política de seguridade interior iraquí con respecto aos medios

27-08-2009

Reporteros sin Fronteras expresa a necesidade de transparencia informativa por parte das autoridades iraquís, a quen lles aclara que os profesionais da información deben traballar libremente. Despois dos atentados do pasado 19 e 20 de agosto en Bagdad e Babel, en que varios periodistas quedaron feridos, os responsables da seguridade interior impediron tomar imaxes do funeral polas vítimas dos acontecementos, así coma establecer contacto coas persoas hospitalizadas e testemuñas destes actos violentos.
 

A organización sinala que a campaña de prohibición continuou a nivel político, cando no pleno excepcional da Asemblea nacional, celebrado o 21 de agosto, o primeiro vicepresidente esixiu a expulsión dos periodistas presentes, así como a prohibición de difundir a reunión e máis o seu contido.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Agosto 2009
L M M X V S D
« Xul   Set »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.