Actualidade APSC

O prazo para participar no premio Borobó finaliza en dez días

29-09-2009

Quedan dez días de prazo para a presentación de artigos de opinión ao I Certame Raimundo García Domínguez, Borobó. Este premio ten unha dotación económica de 4.000 euros, xunto cunha peza que simboliza unha pluma de ouro. Tamén haberá dous accésits en prata e bronce, así como a publicación do artigo en diversos medios de comunicación. A extensión está limitada a 2.400 caracteres con espazos incluídos (pouco máis de medio folio) e o premio non poderá declararse deserto.

Os traballos teñen que estar escritos en galego e a súa temática é libre. No caso de empate, o fallo recaerá sobre o escrito que reflicta unha estreita vinculación entre Santiago de Compostela e Galicia, ou ben que trate sobre calquera aspecto compostelán. 

[Pulse aquí para consultar as bases]

[Pulse aquí para obter máis información sobre o certame]

Actualidade APSC

Quince días para a recepción de artigos ao premio Borobó

24-09-2009

Todos os interesados e interesadas en participar no I Certame Raimundo García Domínguez, Borobó, teñen exactamente quince días como prazo máximo para presentar os seus artigos de opinión ao premio. Os traballos teñen que estar escritos en galego e a súa temática é libre. No caso de empate, o fallo recaerá sobre o escrito que reflicta unha estreita vinculación entre Santiago de Compostela e Galicia, ou ben que trate sobre calquera aspecto compostelán

Este premio ten unha dotación económica de 4.000 euros, xunto cunha peza que simboliza unha pluma de ouro. Tamén haberá dous accésits en prata e bronce, así como a publicación do artigo en diversos medios de comunicación. A extensión está limitada a 2.400 caracteres con espazos incluídos (pouco máis de medio folio) e o premio non poderá declararse deserto.

[Pulse aquí para consultar as bases]

[Pulse aquí para obter máis información sobre o certame]

Actualidade APSC

A Federación Internacional de Periodistas (FIP) esixe a liberación do xornalista encarcerado en Guinea

24-09-2009

A Federación Internacional de Periodistas (FIP) esíxelles ás autoridades de Guinea Ecuatorial a liberación do periodista Rodrigo Angüe Nguema, que está no cárcere desde hai máis de tres meses, acusado de “difamación”. O xornalista, corresponsal de Radio France Internationale e da axencia AFP ( Agence France Presse) foi encarcerado o pasado 17 de xuño despois de facerse eco dos rumores sobre a fuxida do país, cuns cinco millóns e medio de euros, de Mamadou Jaye, director de Ceiba Internacional, a compañía aérea nacional.
Varios colegas de profesión guineanos declararon que Rodrigo Angüe Nguema era o último xornalista independente que seguía traballando no interior do país. A FIP reitera a demanda de liberación incondicional para o xornalista e responsabiliza o goberno de Teodoro Obiang polos danos, morais e físicos, que poida sufrir.

Actualidade APSC

Juan Varela: “El periodismo es ciudadano por esencia”

24-09-2009

juanvarelarec

Juan Varela (Betanzos, A Coruña, 1964) es consultor de medios y, ante todo, periodista. Como consultor ha participado en los rediseños de un centenar de medios de Europa y Latinoamérica. Como periodista ha pasado por la redacción de El Ideal Gallego, El Correo de Andalucía y Cinco Días. Por la subdirección de Diario 16 y El Periódico de Catalunya, y por la dirección de medios como ADN.es. Es columnista en Público y en la agencia Colpisa. Actualmente dirige Mediathink Consultores y reflexiona sobre periodismo y medios en los blogs Periodistas21 y Sociedad Cableada del periódico Soitu.es.

[Pulse aquí para seguir lendo a entrevista na sección Espello]

Actualidade APSC

5.000 euros para o premio periodístico da Fundación CHUAC

21-09-2009

5.000 euros é a cantidade que recibirá o traballo gañador do II Premio periodístico en prensa escrita, televisión e radio Fundación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, xunto coa Asociación da prensa de A Coruña.

O premio vai destinado a traballos publicados ou emitidos na prensa, radio e televisión entre o 1 de novembro de 2008 e o 31 de outubro de 2009. O obxectivo desta convocatoria é a promoción de hábitos de saúde e a posta en valor das actividades sanitarias desenvoltas no complexo hospitalario de A Coruña.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

6.000 euros para o premio de periodismo da Asociación de Navieros Españoles

21-09-2009

A Asociación de Navieros Españoles (ANAVE) convoca a oitava edición do seu premio de periodismo, cunha dotación económica de 6.000 euros para o traballo gañador e dous accésits de senllos 2.000 euros. Admítense a concurso traballos publicados ou emitidos en medios de comunicación (radio, prensa, televisión) de ámbito nacional entre o 1 de marzo e o 31 de outubro de 2009.

O obxectivo deste premio é fomentar a difusión sobre o transporte marítimo e contribuír a unha imaxe acorde coa súa importancia para a economía nacional. Os traballos deberán resaltar a importancia do comercio marítimo e da actividade navieira en España; destacar a importancia dos buques como modos de transporte que contribúen a un desenvolvemento sostible ou ben destacar as sinerxías entre a mariña mercante e outros sectores marítimos.

Para máis información, pulse aquí e consulte as bases.

Actualidade APSC

Convocada a II edición do premio radiofónico Pepe Andreu

18-09-2009

O prazo para a presentación de traballos radiofónicos para a II edición do Premio Pepe Andreu remata o vindeiro 30 de setembro de 2009. A Universidad Miguel Hernández de Elxe e a Asociación da Prensa de Alicante convocan este certame, cunha dotación de 3.000 euros, para honrar a traxectoria do periodista ilicitano Pepe Andreu.

A esta edición poden presentarse todos os traballos radiofónicos emitidos en 2008 por calquera emisora ou cadea de emisoras nacionais e internacionais, baseados no mundo da cultura, ciencia, deporte e a docencia. A duración dos programas estará entre 5 e 60 minutos.

Para máis información, pulse aquí e consulte as bases.

Actualidade APSC

Catro semanas de prazo para a presentación de artigos ao premio Borobó

14-09-2009

A presentación de artigos de opinión ao premio Borobó finaliza en catro semanas, o vindeiro 10 de outubro, cun primeiro premio dotado de 4.000 euros e máis unha peza escultórica que representa unha pluma de ouro. Haberá tamén accésits con pezas semellantes de prata e bronce.

Os traballos deberán ser inéditos e terán que estar redactados en galego. Aínda que a temática é libre, o xurado valorará o seu interese periodístico, e, no caso de empate, fallará a favor do artigo que mellor trate sobre a vinculación entre Santiago de Compostela e Galicia ou sobre calquera aspecto compostelán. A extensión está limitada a 2.400 caracteres con espazos incluídos (pouco máis de medio folio) e o premio non poderá declararse deserto.

Pulse aquí para obter máis información e consultar as bases do premio.

Actualidade APSC

Descontos na cadea de hoteis Zenit

14-09-2009

A cadea hoteleira Zenit ofrece descontos do 10% sobre a mellor tarifa dispoñible durante todo o ano. Para gozar destas vantaxes será preciso indicar a pertenza á FAPE e o pago será directo. Os establecementos poderán esixir o carné de periodista para a identificación.

Zenit posúe establecementos en Andorra, Barcelona, Burgos, Guadalajara, Huesca, Jaén, A Coruña, La Rioja, Lérida, Lisboa, Madrid, Málaga, Murcia, Navarra, Pontevedra, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vizcaya, Zamora e Zaragoza. Os clientes poderán efectuar as reservas directamente nos hoteis ou ben a través da central de reservas no número 902 29 09 02. Tamén se poderá reservar por correo electrónico en reservas@zenithoteles.com

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Queda un mes de prazo para presentar traballos ao Premio Borobó

08-09-2009

O prazo de presentación de traballos para o Premio Borobó finaliza o vindeiro 10 de outubro. O I Certame Raimundo García Domínguez, Borobó, ten unha dotación económica de 4.000 euros e nel poden participar persoas de calquera nacionalidade que nos fagan chegar os seus artigos de opinión antes da data establecida para o peche da convocatoria.

Os artigos teñen que ser inéditos, deberán estar redactados en lingua galega e a súa extensión estará comprendida entre os 2.200 e os 2.400 caracteres. Ademais do primeiro premio, 4.000 euros para o premiado ou premiada, tamén se obsequiará cunha peza que representa unha pluma de ouro. O xurado poderá conceder accésits a dous artigos finalistas facéndolle entrega aos seus autores de pezas semellantes en prata e bronce.

Para máis información, pulse aquí e consulte as bases.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Setembro 2009
L M M X V S D
« Ago   Out »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.