Actualidade APSC

Catro semanas de prazo para a presentación de artigos ao premio Borobó

14-09-2009

A presentación de artigos de opinión ao premio Borobó finaliza en catro semanas, o vindeiro 10 de outubro, cun primeiro premio dotado de 4.000 euros e máis unha peza escultórica que representa unha pluma de ouro. Haberá tamén accésits con pezas semellantes de prata e bronce.

Os traballos deberán ser inéditos e terán que estar redactados en galego. Aínda que a temática é libre, o xurado valorará o seu interese periodístico, e, no caso de empate, fallará a favor do artigo que mellor trate sobre a vinculación entre Santiago de Compostela e Galicia ou sobre calquera aspecto compostelán. A extensión está limitada a 2.400 caracteres con espazos incluídos (pouco máis de medio folio) e o premio non poderá declararse deserto.

Pulse aquí para obter máis información e consultar as bases do premio.

Actualidade APSC

Descontos na cadea de hoteis Zenit

14-09-2009

A cadea hoteleira Zenit ofrece descontos do 10% sobre a mellor tarifa dispoñible durante todo o ano. Para gozar destas vantaxes será preciso indicar a pertenza á FAPE e o pago será directo. Os establecementos poderán esixir o carné de periodista para a identificación.

Zenit posúe establecementos en Andorra, Barcelona, Burgos, Guadalajara, Huesca, Jaén, A Coruña, La Rioja, Lérida, Lisboa, Madrid, Málaga, Murcia, Navarra, Pontevedra, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vizcaya, Zamora e Zaragoza. Os clientes poderán efectuar as reservas directamente nos hoteis ou ben a través da central de reservas no número 902 29 09 02. Tamén se poderá reservar por correo electrónico en reservas@zenithoteles.com

[Pulsa para ler o resto da noticia]

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Setembro 2009
L M M X V S D
« Ago   Out »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.