Catro semanas de prazo para a presentación de artigos ao premio Borobó
A presentación de artigos de opinión ao premio Borobó finaliza en catro semanas, o vindeiro 10 de outubro, cun primeiro premio dotado de 4.000 euros e máis unha peza escultórica que representa unha pluma de ouro. Haberá tamén accésits con pezas semellantes de prata e bronce.
Os traballos deberán ser inéditos e terán que estar redactados en galego. Aínda que a temática é libre, o xurado valorará o seu interese periodístico, e, no caso de empate, fallará a favor do artigo que mellor trate sobre a vinculación entre Santiago de Compostela e Galicia ou sobre calquera aspecto compostelán. A extensión está limitada a 2.400 caracteres con espazos incluídos (pouco máis de medio folio) e o premio non poderá declararse deserto.
Pulse aquí para obter máis información e consultar as bases do premio.















