6.000 euros para o premio de periodismo da Asociación de Navieros Españoles
A Asociación de Navieros Españoles (ANAVE) convoca a oitava edición do seu premio de periodismo, cunha dotación económica de 6.000 euros para o traballo gañador e dous accésits de senllos 2.000 euros. Admítense a concurso traballos publicados ou emitidos en medios de comunicación (radio, prensa, televisión) de ámbito nacional entre o 1 de marzo e o 31 de outubro de 2009.
O obxectivo deste premio é fomentar a difusión sobre o transporte marítimo e contribuír a unha imaxe acorde coa súa importancia para a economía nacional. Os traballos deberán resaltar a importancia do comercio marítimo e da actividade navieira en España; destacar a importancia dos buques como modos de transporte que contribúen a un desenvolvemento sostible ou ben destacar as sinerxías entre a mariña mercante e outros sectores marítimos.















